Vilosidade (do latín villus, 'pelo'; en plural villi) pode significar 'calidade de viloso, con pelos', ou ser unha protuberancia anatómica filiforme, que cando están en conxunto parecen peluxe, como as seguintes: Vilosidade intestinal, prolongación con forma de pequeno dedo do revestimento epitelial interno da parede intestinal. As vilosidades (villi) intestinais realizan a absorción dos alimentos dixeridos. Vilosidade coriónica, prolongación da superficie da membrana externa (corion) que recobre o feto. Vilosidade aracnoide (ou granulación aracnoide), prolongación localizada na membrana aracnoide das meninxes do cerebro.
Notas