Aeronomy of Ice in the Mesosphere ou AIM é un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de abril de 2007 mediante un foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea en California.

Características AIM, tamén coñecido como SMEX 9 e Explorer 90, é un satélite de 200 kg de masa lanzado para estudar principalmente a orixe e comportamento das Nubes Mesosféricas Polares (PMC polas súa siglas en inglés) que se forman na atmosfera por enriba dos 80 km de altura e principalmente en verán e nas rexións polares.

O obxectivo é medir a contorna química, térmica e dinámica onde se forman estas nubes para intentar comprender mellor a meteroloxía da mesosfera

Instrumentos

AIM leva tres instrumentos a bordo:

SOFIE (Solar Occultation for Ice Experiment), un radiómetro diferencial de absorción e ocultación solar. CIPS (Cloud Imaging and particle Size Experiment), unha cámara ultravioleta panorámica. CDE (Cosmic Dust Experiment), un detecto de po cósmico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de AIM

Categoría:Satélites artificiais