miniatura|Marco Vipsanio Agripa aproba a construción do Aqua Virgo. A gens Vipsania ou Vipsana (en latín, Vipsania) foi unha escura familia plebea de rango ecuestre na Roma antiga. Poucos membros desta gens aparecen na historia, aínda que se coñecen algúns polas inscricións e rexistros pero, tamén, son moi escasos. De lonxe, o máis ilustre da familia foi Marco Vipsanio Agripa, amigo íntimo e conselleiro de Augusto, a quen o emperador pretendeu facer o seu herdeiro. Porén, Agripa, prefería eliminar o nomen da súa nomenclatura pola orixe humilde da súa familia.Syme, 2010, p. 166, n. 19 Despois da morte de Agripa, Augusto adoptou os fillos do seu amigo, cada un dos cales foi considerado posible herdeiro do Imperio, pero cando cada un deles morreu ou resultou inadecuado, Augusto escolleu outro herdeiro, o futuro emperador Tiberio.Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, pp. 78–80 ("Marcus Vipsanius Agrippa").
Orixe Os Vipsanii non se mencionan na historia ata o final da República. O seu nomen, Vipsanius, aseméllase a outros xentilicios rematados en -anius, que normalmente se derivaban de topónimos ou cognomina rematados en -anus. Varias inscricións dan o nome como Vipsanus, quizais a forma orixinal do nomen. Segundo algúns estudosos, a gens Vipsania era orixinaria de Pisae en Etruria.Hall, Etruscan Italy, p. 188.Ridgway, The World of the Early Etruscans, p. 37.
Praenomina Os únicos praenomina asociados á familia principal dos Vipsanii foron Lucio e Marco, dous dos nomes máis comúns ao longo da historia romana. Outros Vipsanii chamados Caio, Publio, Quinto, Sexto e Tito coñécense por inscricións e moedas.Reinhold (1933), p. 11.
Pólas e cognomina Só unha familia distinta dos Vipsanii aparece na historia, co apelido Agripa. Este era orixinalmente un praenomen, usado por algunhas familias da primeira República, incluíndo os patricios da gens Furia e da gens Menenia, pero a finais da República parece que se usaba exclusivamente como cognomen. A súa orixe e significado eran escuros mesmo na antigüidade e a explicación máis coñecida alude a que era un dos moitos praenomina derivados das circunstancias do parto, e referíase a un neno que naceu cos pés por diante.
Membros Lucio Vipsanio, o pai de Marco Vipsanio Agripa. Lucio Vipsanio L. f., o irmán de Marco Agripa, serviu baixo Catón o Novo contra Xulio César durante a Guerra Civil. Vipsania L. f. Pola, a irmá de Marco Agripa, completou o Porticus Vipsania após a morte do seu irmán.Cassius Dio, lv. 8. Marco Vipsanio L. f. Agripa, o amigo e legado de Augusto. Distinguiuse na Guerra civil de Perusia, contra os Chatti, contra Sexto Pompeio, e na Batalla de Actium. Foi cónsul no 37 a. C., 28 a. C. e 27 a. C. e edil no 33 a. C. Posteriormente, realizou un número importante de obras públicas tanto en Roma coma noutras partes do Imperio. A súa primeira muller foi Ática, a filla de Tito Pomponio Ático; sobre 28 a. C., casou con Marcela, sobriña de Augusto, e no 21 a. C. o emperador fixo que se divorciase de Marcela para casalo coa súa filla Xulia. Morreu inesperadamente no 12 a. C.Cassius Dio, xlv–liv.Livy, Epitome, cxvii–cxxxvi.Appian, Bellum Civile, v.Suetonio, "A vida de Augusto" Marco Vipsanio, un home mencionado por Suetonio que criticou a linguaxe da Eneida, e denominou a Virxilio como un bastardo de Mecenas. Algúns identifican a este individuo como o xeneral Marco Agripa. Vipsania M. f. L. n., unha filla de Agripa pola súa primeira muller, Ática, casada con Quinto Haterio. Vipsania M. f. L. n. Agripina, unha filla de Agripa pola súa primeira muller, Ática. O seu primeiro marido foi Tiberio Claudio Nero, por quen deveu en nai de Druso, mais Augusto pediu o seu divorcio, de modo que Tiberio poidese casar con Xulia. Daquela, Vipsania casou con Caio Asinio Galo, cónsul no 8 a. C.Cassius Dio, liv. 31, lvii. 2.Suetonio, "Vida de tiberio", 7.Tacitus, Annales, i. 12, iii. 19. Vipsania M. f. L. n. Marcela, unha filla de Agripa coa súa segunda muller, Claudia Marcela, casada con Publio Quintilio Varo. Vipsania M. f. L. n. Marcela, unha filla de Agripa pola súa segunda muller, Marcela, casada con Marco Emilio Lépido. Caio Vipsanio M. f. L. n. Agripa, o fillo máis vello de Agripa e Xulia, foi adoptado por Augusto na vida do seu pai, devindo Caio Xulio César. Foi cónsul no 1 a. C., xunto co seu cuñado Lucio Emilio Paulo, estando en Asia, onde ficou para loitar contra os partos. Foi ferido mentres tomaba posesión de Armenia, e sen recuperarse máis plenamente, morreu en Limyra en Licia no 4.Cassius Dio, liv. 8, 18, 25, lv. 6, 9, 11, 12.Zonaras, x. p. 539.Suetonius, "The Life of Augustus", 26, 56, 64, 65, "The Life of Tiberius", 12.Velleius Paterculus, ii. 101, 102.Tacitus, Annales, i. 3, ii. 4.Florus, iv. 12. § 42. Vipsania M. f. L. n. Julia Agripina, a filla máis vella de Agripa e Xulia, xeralmente coñecida como Xulia a Menor, casada con Lucio Emilio Paulo, cónsul no 1 a. C. Puido ser quen inspirase a Corina presente nos Amores de Ovidio. No 8, foi desterrada ás illas Tremiti, aparentemente por un romance co senador Décimo Xunio Silano, aínda que é máis que posible porque o seu marido conspirase contra o emperador. Morreu en exilio en 28.Cassius Dio, lix. 11.Suetonius, "The Life of Caligula", 24, "The Life of Claudius", 26, "The Life of Augustus", 64, 65, 101.Tacitus, Annales, iii. 24, iv. 71.Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 642 ("Julia", No. 7). Lucio Vipsanio M. f. L. n. Agripa, o segundo fillo de Agripa e xulia, foi adoptado en infancia por Augusto, devindo Lucio Xulio César ou Lucio César. El e o seu irmán, Caio, foron nomeados como os herdeiros do emperador, mais Lucio morreu en Massilia no ano 2, mentres viaxaba a Hispania e o seu irmán morreu no ano 4, polo que Augusto tivo que escoller entre o seu irmán máis novo, Marco, e o seu xenro, Tiberio. Vipsania M. f. L. n. Agripina, ou Agripina Maior, a filla máis nova de Agripa e Xulia, casada con Xermánico, o sobriño e herdeiro pretendido de Tiberio, mais despois de que a súa morte no 19 fose considerada sospeitosa polo emperador, desterrouna xunto cos seus dous fillos matiores Nerón e Druso, ás Illas Ponziane onde morreron. O seu terceiro fillo, Caio, sucedeu a Tiberio; a súa filla, Agripina, foi a cuarta muller de Claudio e a nai de Nerón.Suetonius, "The Life of Augustus", 64, "The Life of Caligula", 8, "The Life of Tiberius", 53.Tacitus, Annales, i–vi.Cassius Dio, lvii. 5, 6, lviii. 22. Marco Vipsanio M. f. L. n. Agripa Póstumo O fillo máis novo de Agripa e Xulia, naceu após a morte do seu pai no 12 a. C., e adoptado por Augusto no 4, devindo Marco Xulio César Agripa Póstumo. Posteriormente, foi desterrado máis tarde á illa de Pianosa por mor do seu temperamento violento. Alí foi asasinado após o ascenso ao trono de Tiberio, para evitar calquera posibilidade de revolta no seu nome.Suetonio, "The Life of Augustus", 4, 65Suetonio, The Life of Tiberius", 22Dión Casio, liv. 29, lv. 22, 32, lvii. 3Tacitus, Annales, i. 3–6, ii. 39, 40.Velleius Paterculus, ii. 104, 112. Publio Vipsanio Agripa, duúnviro de Corinto durante o reinado de Caligula.Reinhold, Marcus Agrippa, p. 137. Marco Vipsanio Galicano, un neto dun dos libertos de Augusto.Reinhold, Marcus Agrippa, p. 71. Vipsanio Lenas, gobernador de Sardeña, foi condenado no 56 cun cargo de mala administración da súa provincia (repetundae).Tacitus, Annales, xiii. 30.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Fontes antigas
Fontes modernas
Categoría:Gens Vipsania