The Bluetones é unha banda inglesa de indie rock formada en Hounslow no ano 1993. Os membros do grupo son Mark Morriss (voz), Adam Devlin (guitarra), Scott Morriss (baixo), e Eds Chesters (batería). Un quinto membro, Richard Payne, estivo no grupo entre 1998 e 2002. Orixinalmente a banda chamouse "The Bottlegarden".
O grupo conseguiu 13 sinxelos top 40 e tres álbums top 10 nas listas británicas. Aínda que o seu éxito comercial desapareceu na era posbritpop, The Bluetones continuou xirando e publicando discos. O seu álbum máis recente, A New Athens, foi editado en maio de 2010.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloExpecting to Fly1996Superior Quality Recordings, A&M RecordsReturn to the Last Chance Saloon1998Superior Quality Recordings, A&M RecordsScience & Nature2000Mercury RecordsLuxembourg2003Superior Quality RecordingsThe Bluetones2006Cooking VinylA New Athens2010CIA Recordings
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 1993