The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos.
Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan. Trata as aventuras de varios nenos e nenas que xogan un papel central na historia de Narnia. Agás en The Horse and His Boy, os protagonistas son sempre nenos do mundo real que son transportados maxicamente a Narnia, onde deben loitar contra o mal por petición do león Aslan. Os libros recollen a historia enteira de Narnia, dende a súa creación en The Magician's Nephew até a súa destrución en The Last Battle.
A serie de The Chronicles of Narnia considérase un clásico da literatura infantil e é a obra máis vendida de C. S. Lewis, con arredor de 100 millóns de copias en 47 linguas.
Libros The Lion, the Witch and the Wardrobe (1950) Prince Caspian: The Return to Narnia (1951) The Voyage of the Dawn Treader (1952) The Silver Chair (1953) The Horse and His Boy (1954) The Magician's Nephew (1955) The Last Battle (1956)
Orde de lectura Os admiradores da serie adoitan ter diferentes opinións sobre a orde na que se deberían ler os libros. O problema atópase no lugar que ocupan The Magician's Nephew e The Horse and His Boy na serie. Ambos os dous recollen acontecementos que teñen lugar moito antes dentro da cronoloxía de Narnia do que lles correspondería por orde de publicación, rompendo a liña narrativa dos outros libros. A orde de lectura dos outros cinco libros non xera discusión.
Libro Ano de publicación Cronoloxía interna Ano na Terra Anos en Narnia The Lion, the Witch and the Wardrobe 1950 1940 1000–1015 Prince Caspian: The Return to Narnia 1951 1941 2303 The Voyage of the Dawn Treader 1952 Verán de 1942 2306–2307 The Silver Chair 1953 Outono de 1942 2356 The Horse and His Boy 1954 1014 The Magician's Nephew 1955 1900 1 The Last Battle 1956 1949 2555
Adaptacións Debuxos animados 1979: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Dirixida por Bill Meléndez. Series de televisión 1988: BBC's The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch, and the Wardrobe. Dirixida por Marylin Fox. 1989: BBC's The Chronicles of Narnia: Prince Caspian and The Voyage of the Dawn Treader. Dirixida por Alex Kirby. 1990: BBC's The Chronicles of Narnia: The Silver Chair. Dirixida por Alex Kirby. Serie de filmes 2005: The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Producida por Walt Disney Pictures e Walden Media, e dirixida por Andrew Adamson (o fillastro de C. S. Lewis). 2008: The Chronicles of Narnia: Prince Caspian. Producida por Walt Disney Pictures e Walden Media, e dirixida por Andrew Adamson. 2010: The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader. Producida por Walden Media e 20th Century Fox, e dirixida por Michael Apted.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial de narnia.com
Categoría:The Chronicles of Narnia