Eduardo Amador Corzo, coñecido como Corzo, nado en Monforte de Lemos cara a 1898, foi un político socialista galego.
Traxectoria
Fillo de Agustín Amador e Josefa Corzo. Veciño de Montefurado. Militante do PSOE. Foi elixido concelleiro de Quiroga nas eleccións do 12 de abril de 1931.El Pueblo Gallego, 7-5-1931, p. 9. Presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 e foi elixido concelleiro ao ser o candidato máis votado no distrito de Montefurado.BOP Lugo, 6-6-1931, p. 3. Tomou parte nos actos de protesta contra o alcalde monárquico de Quiroga Julio Maseda Cadórniga a principios de 1933.Luz, 6-2-1933, p. 12. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos,BOP Lugo, 23-10-1934, p. 4. e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Álvaro Novas Rodríguez.BOE, 8-12-1934 Permaneceu fuxido até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, cando retornou a Quiroga, sendo recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Ramón Somoza Álvarez.El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2. Participou nos actos do 1 de maio en Quiroga,La Voz de Galicia, 5-5-1936, p. 11. e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi procesado por rebelión na causa 98/37 xunto con José Campos, Julián Mateo e Félix Crespo Mondelo, publicándose en abril de 1937 unha requisitoria contra eles.BOP Lugo, 8-4-1937, p. 2. Foi expedientado por responsabilidades políticas en 1938,BOP Lugo, 16-12-1938, p. 1.BOP Lugo, 3-2-1939, p. 2. e indultado do resto da sanción en 1961.BOP Lugo, 5-9-1961, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Quiroga Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Monforte de Lemos
Categoría:Nados en 1898