Mosteiro é un lugar da parroquia de Ferreira de Negral no concello lugués de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña 2 habitantes, dúas mulleres. Patrimonio miniatura|Portada románica da igrexa de San Martiño de Ferreira de Negral É o lugar onde se sitúa a igrexa parroquial. É unha construción de orixe románica pero con importantes e continuadas reformas desde a fundación. Só conserva románica a portada sur. Un arco de medio punto con tres arquivoltas baquetonadas de sección rectangular. Esta decórase cun arco en cada doela con diversos motivos no seu interior. De gornición ten unha fina moldura tórica dentada e impostas con dentes de serra e incisións cadradas. As columnas son de tres ordes con capiteis con motivos zoomorfos, antropomorfos e xeométricos. O tímpano presenta moita decoración, ademais dunha inscrición: ANNUS AB CARNATIONE DNI Mº Cº LXXVII/I ERA M CCX. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, con bóveda de canón con lunetos.

Lugares e parroquias Lugares de Ferreira de Negral

Parroquias de Palas de Rei

Notas

Categoría:Lugares de Palas de Rei