Avéstico avestaFalado en:Persia antigaExtinción:século VIII; lingua litúrxica en usoFamilia:Indoeuropea Indo-iraniana Iraniana AvésticoEscrita: Alfabeto avésticoCódigos de linguaISO 639-1:aeISO 639-2:ave ISO 639-3: ave 285x285px O avéstico (tamén coñecido como zenda, proveniente da palabra avéstica zainti, que significa 'interpretación') é unha lingua iraniana oriental, próxima ao sánscrito, pertencente á familia das linguas indoeuropeas, empregada na antiga Persia, na que está escrito o Avesta (tamén chamado Zendavesta), o libro sagrado do zoroastrismo.
Características xerais O avéstico tiña tres xéneros gramaticais: masculino, feminino e neutro e tres números: singular, dual ou plural. Como outras linguas indoeuropeas, o avéstico é unha lingua flexionada: os substantivos declinan en oito casos (nominativo, acusativo, instrumental, dativo, ablativo, locativo e xenitivo).
O alfabeto avestano é unha evolución da escritura palavi tardía que á súa vez deriva do alfabeto arameo.
Estudo A lingua avéstica segue a ser estudada e empregada como lingua litúrxica zoroastriana. Un dos filólogos occidentais que mostrou interese nesta lingua foi Rasmus Rask, que publicou Om Zendsprogets og Zendavestas Ælde og Ægthed ("Sobre a idade e a autenticidade da linguaxe Zenda e do Zendavesta").
Notas Véxase tamén
Categoría:Linguas iranias orientais