miniatura|Coracias caudata, parque nacional Kruger, Suráfrica. Coracias é un xénero de aves coraciformes pertencente á familia Coraciidae que habitan no Vello Mundo. Os seus membros emiten un característico canto entrecortado e repetitivo. Todas elas son aves coridas, nas que predominan os tons azuis e castaños, con certa forma de corvo con cabeza grande e pico robusto. As súas patas teñen os dedos frontais exteriores fusionados pola base e o interior libre.
Aliméntanse de insectos e outros pequenos animais. Teñen unha técnica de caza parecida a dos picanzos, esperan quietos pousados nun lugar e lánzanse en picado cara ás presas que pasen.
Taxonomía O xénero Coracias foi descrito en 1758 polo naturista sueco Carl Linnaeus na décima edición do seu Systema Naturae. O nome do xénero provén do grego antigo korakías (), derivado de korax (, ‘corvo’). Aristóteles describiu as coracias como un paxaro grande como un corvo cun peteiro vermello, aínda que algúns cren que se refería á choia.Greek Word Study Tool A especie tipo é o gaio azul (Coracias garrulus) designado por George Robert Gray en 1855.
As relacións filoxenéticas entre as súas distintas especies foron determinadas nun estudo molecular no ano 2018.
Especies
Recoñécense nove especies:
Coracias garrulus - gaio azul, rolieiro; Coracias abyssinicus Coracias caudatus Coracias spatulatus Coracias naevius Coracias benghalensis Coracias temminckii Coracias cyanogaster Coracias affinis
Antigas especies Noutros tempos algunhas autoridades consideraron as seguintes especies e subespecies como especies do xénero Coracias: Oriolus sagittatus (como Coracias sagittata) Vichelocrego (como Coracias oriolus; hoxe Oriolus oriolus) Oriolus xanthornus (como Coracias xanthornus) Eurystomus glaucurus (como Coracias glaucurus) Eurystomus glaucurus (afer) (como Coracias afra) Eurystomus orientalis (como Coracias orientalis) E. o. pacificus (como Coracias pacifica)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fry, Fry and Harris, Kingfishers, Bee-eaters and Rollers. ISBN 0-7136-8028-8
Ligazóns externas Vídeos en Internet Bird Collection.
Categoría:Xéneros de aves Categoría:Corácidos