María Delia Osorio Otero, nada na Barra (Coles) o 29 de novembro de 1891,Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933, p. 90. e finada en Ourense o 14 de novembro de 1966, foi unha mestra galega.

Traxectoria En 1909 matriculouse por libre na Escola Normal de Ourense. Ao rematar o primeiro curso trasladouse á Escola Normal de León. Rematou os estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra en 1913.El Progreso, 2-10-1913, p. 2. Aprobou as oposicións e foi nomeada mestra de Prada (A Veiga) en 1919,La Región, 23-4-1919, p. 2. e despois trasladouse ao Castro de Beiro. Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, da que era vogal 2ª do Consello directivo provincial en 1936,La Región, 9-8-1936, p. 1. e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.La Región, 5-8-1936, p. 4. Abríronlle expediente de depuración en 1937,La Región, 27-6-1937, p. 4. co resultado de separación definitiva do servizo e baixa na escala en abril de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Delia Osorio Otero

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1891

Categoría:Finados en 1966