Leopoldo Vidal Hermida, nado en Vilamarín en 1912, foi un mestre galego.
Traxectoria Foi nomeado mestre interino de Vilamarín en agosto de 1933.La Región, 18-8-1933. Foi un dos impulsores da sociedade Hogar del Maestro de Ourense en 1935.La Región, 12-3-1935, p. 6. Aprobou o curso de selección para o ingreso no Maxisterio en 1936 e foi mestre en Estrumil (O Río, Vilamarín). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse ao bando leal. Coa derrota da República pasou a Francia. Exiliouse na República Dominicana, arribando a Santo Domingo de Guzmán no vapor De la Salle o 19 de decembro de 1939.Boletín del Archivo General de la Nación, "Nómina de republicanos españoles refugiados en República Dominicana (1940-1941)" En 1943 pasou a México.México, haz memoria Reintegrouse no corpo de mestres en 1997.Orden de 14 de abril de 1997 por la que se integra en el Cuerpo de Maestros al Maestro de Primera Enseñanza don Leopoldo Vidal Hermida, como procedente de los cursillos de 1936.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha na Secretaría de Gobernación de México
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da República Dominicana
Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vilamarín Categoría:Nados en 1912