Diamante Medaglia Faini, nada en Savallo o 28 de agosto de 1724 e finada en Salò o 13 de xuño de 1770, foi unha poeta italiana que pertenceu ás academias Accademia degli Agiati (1751), Accademia degli Orditi en Padua, baixo o nome Nisea Corcirense, e Accademia dell'Arcadia en Roma (1757). Foi coñecida polos seus poemas de amor, e tamén compuxo sonetos e madrigais.

Traxectoria Era filla dun médico de Brescia, o doutor Antonio Medaglia, e de Annunziata Gnecchi di Casto. Diamante foi educada polo seu tío, mostrando grande afección pola literatura e especialmente pola poesía do século XVI. Casou co doutor Pietro Antonio Faini en 1748. O seu pai arranxou o matrimonio porque lle desagradaba a súa fama. O matrimonio forzouna a deter a produción de versos de amor, o que a fixera famosa, para limitarse a poemas máis "adecuados" para unha muller, compoñendo unha grande colección de versos para vodas, investiduras e outras ocasións sociais.

Foi unha poeta polémica, e deixou a súa actividade nas academias cando intentaron obrigala a axustarse ás convencións establecidas.

Este foi o último soneto que compuxo, no que non ocultou a súa frustración por ter que dobregarse ás convencións do seu tempo:

Polo menos cinco anos antes dese sensacional anuncio público, Faini comezou a buscar novos retos intelectuais, interesándose polas ciencias naturais e a filosofía, especialmente as matemáticas, a astronomía e a física. Manifestou abertamente a súa admiración por Cristina Roccati (1732-1797), poeta pero tamén licenciada en filosofía e lectora en física newtoniana na Accademia dei Concordi de Rovigo.

Aos corenta e un anos, Diamante tomou clases de filosofía, historia e inglés co reverendo Domenico Bonetti di Volciano. Despois tomounas do profesor Conde Giambattista Suardi (1711-1767), autor dos novos instrumentos para a descrición de diferentes curvas antigas e modernas (1752) e do tratamento matemático (1764). Viviu tres meses invitada con el e a súa muller Cecilia Curvi na súa vila de Brescia para estudar os Elementos de Euclides en particular.

Por desgraza, a súa carreira científica non tivo tempo para desenvolverse. As enfermidades frecuentes e as crises depresivas obrigárona a permanecer encerrada na casa. Ademais, a morte prematura de Suardi privouna do seu titor. Poucos anos despois, o 13 de xuño de 1770, Diamante morreu na súa vila de Salò aos corenta e seis anos. Trala súa morte, a Accademia degli Unanim celebrou un funeral público.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Finados en 1770 Categoría:Nados en 1724 Categoría:Poetas de Italia