Para o equipo de baloncesto de Granada que competiu entre 1996 e 2011 na Liga ACB, véxase CB Granada. A Fundación Club Baloncesto Granada, coñecido por motivos de patrocinio como Covirán Granada, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Granada, España, que xoga actualmente na Liga ACB. Fundado no ano 2012 como sucesor do desaparecido Club Baloncesto Granada, chegou á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 2022. O club xoga os seus encontros como local no Palacio Municipal de Deportes, pavillón con capacidade para 9 507 espectadores.
Historia A Fundación Club Baloncesto Granada foi fundada en 2006 como entidade asociada ao Club Baloncesto Granada, co obxectivo de promover o baloncesto e outro tipo de actividades non lucrativas na provincia de Granada. No ano 2012, despois da disolución do CB Granada, a entidade decidiu crear un equipo de baloncesto sénior que puidese substituír o desaparecido na cidade. Na súa primeira temporada, o club ascendeu á Liga EBA após finalizar campión do grupo andaluz da Primeira División de Baloncesto, quinta categoría do baloncesto español. No ano 2013 o club comeza a denominarse Covirán Granada por motivos de patrocinio.
Dous anos despois, en 2015, o Covirán Granada clasifícase para a fase final da Liga EBA. Nesta fase, disputada en Albacete, o equipo finaliza primeiro e acada o ascenso LEB Prata, a terceira categoría do baloncesto español. En 2017 o Granada consegue o seu primeiro título, a Copa LEB Prata, despois de vencer ao HLA Alicante por 80–74. Con todo, o equipo non consegue o ascenso á LEB Ouro despois de seren eliminados polo Sammic ISB en semifinais. AO ano seguinte o Granada consegue reter o título de campión da Copa LEB Prata, esta vez após vencer na final ao Fundación Globalcaja La Roda por 71–63. Na liga esta vez o desenlace sería diferente e o club consegue ascender á LEB Ouro.
Na segunda categoría permance durante catro temporadas. Na primeira temporada, a 2018−19, consegue clasificarse en oitavo lugar e disputar os playoffs polo ascenso, onde perden na primeira rolda ante o Iberojet Palma. Na segunda tempada o equipo sofre e finaliza en décimo terceiro lugar no momento en que a competición se detivo por mor da pandemia de COVID-19. Na tempada 2020−21, nunha categoría con dous grupos e con só unha praza de ascenso, o Granada consegue chegar a final. Con todo, no xogo definitivo son derrotados ostensiblemente en Granada polo Club Baloncesto Breogán no Palacio Municipal de Deportes (57−83). Ao ano seguinte, xa co formato tradicional, o Granada consegue o primeiro posto e o seu primeiro ascenso á Liga ACB.
Pavillón
O Fundación CB Granada xoga so seus encontros como local no Palacio Municipal de Deportes de Granada, un pavillón multiúsos situado no Paseo do Emperador Carlos V de Granada, con capacidade para 9000 espectadores. Foi o pavillón do CB Granada ata a súa desaparición no ano 2012.
Xogadores Elenco actual =
Destacados Jesús Fernández Nacho Ordín
Adestradores Pablo Pin (2012−presente)
Palmarés LEB Ouro Campións (1): 2022 Subcampións (1): 2021 LEB Prata Campións (1): 2018 Copa LEB Prata Campións (2): 2017, 2018
Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copas2012−13 5 Autonómica 2º 12–72013−14 4 EBA 16–62014−15 4 EBA 22–72015−16 3 LEB Prata 8º 15–132016−17 3 LEB Prata 4º 25–13 Copa LEB Prata 1º2017−18 3 LEB Prata 1º 23–7 Copa LEB Prata 1º2018−19 2 LEB Ouro 8º 22–172019−20 2 LEB Ouro 13º 9–152020−21 2 LEB Ouro 25–122021−22 2 LEB Ouro 1º 26–8 Copa Princesa 2º
Notas
Véxase tamén Outros artigos CB Granada Palacio Municipal de Deportes de Granada
Ligazóns externas Sitio web oficial
Granada Granada Fundacion CB Categoría:Deporte en Granada