O Sikorsky CH-53 Sea Stallion (S-65) é unha familia de helicópteros de transporte pesados deseñados e fabricados por Sikorsky Aircraft. Orixinalmente desenvolvido para ser usado polo Corpo de Marines dos Estados Unidos, no presente está en servizo con Alemaña, Irán e Israel. A Forza Aérea dos Estados Unidos operou o HH-53 "Super Jolly Green Giant" durante as últimas etapas e despois da guerra de Vietnam, actualizando a meirande parte deles como o MH-53 Pave Low.

O CH-53E Super Stallion de dimensións semellantes é unha versión mellorada e máis pesada designada S-80E por Sikorsky. O seu terceiro motor faino máis potente que o Sea Stallion, substituíndoo na misión de cargas pesadas.

Desenvolvemento

Orixes En 1960 o Corpo de Marines dos Estados Unidos comezou a buscar un substituto para os seus helicópteros con motores de pistóns HR2S. O 27 de xaneiro de 1961 o Corpo de Marines comezou a traballar co Exército, a Armada e a Forza Aérea no "transporte VTOL tri-servizo", que finalmente xurdiría como a aeronave de ás basculantes Vought-Hiller-Ryan XC-142A. O deseño fíxose máis elaborado e o programa ampliouse, facendo que os Marines abandonasen o programa cando decidiron que non recibirían un aparello axeitado nun tempo razoable. En particular, existía preocupación de que os altos niveis de fluxo descendente farían que o XC-142A fose pouco práctico nas operacións embarcadas. Finalmente, o XC-142A, aínda que era unha máquina innovadora e moi capaz, nunca entrou en produción.

En marzo de 1962 a Oficina de Armas Navais da Armada dos Estados Unidos, actuando en nome dos Marines, publicou unha solicitude para un "Helicóptero Pesado Experimental / HH(X)". As especificacións ditaban unha capacidade de carga de 3 600 kg cun radio operacional de 190 km a unha velocidade de 280 km/h. Tamén especificaban que tivese máis velocidade máxima e unha maior capacidade de levantamento de cargas que helicópteros xa existentes á vez que debería ter un peso en baleiro menor. O HH(X) sería usado nos roles de transporte de asalto, recuperación de aeronaves, transporte de persoal, e evacuación médica. No rol de transporte de asalto sería usado principalmente para transportar equipo peado en vez de tropas. miniatura|259x259px|O prototipo YCH-53A en 1964 En resposta, Boeing Vertol ofreceu unha versión modificada do CH-47 Chinook; Kaman Aircraft ofreceu un desenvolvemento do helicóptero composto británico Fairey Rotodyne; e Sikorsky ofreceu o que equivalía a unha versión ampliada do S-61R, con dous motores turboeixo General Electric T64 e o sistema dinámico dos S-64/CH-54, que sería designado S-65. A proposta de Kaman morreu rapidamente cando o goberno británico deixou de apoiar o programa Rotodyne. A competición entre Boeing Vertol e Sikorsky foi intensa, co Chinook tendo vantaxe debido a que fora mercado polo Exército estadounidense. En xullo de 1962 anunciouse que a proposta de Sikorsky fora escollida como gañadora debido a varios factores como custo, factores técnicos, e capacidade de produción. Porén, non se asinou un contrato inmediatamente debido a limitacións orzamentarias.

Os Marines orixinalmente buscaban mercar catro prototipos. Porén, á luz dos déficits de financiamento, Sikorsky determinou manter o acordo e reduciu a súa estimación de custos para o desenvolvemento do programa propoñendo que este podería realizarse con só dous prototipos. Os oficiais militares recibiron favorablemente a redución proposta pola compañía e en setembro de 1962 Sikorsky recibiu un contrato de 9 965 635 dólares para a produción de dous prototipos YCH-53A, ademais dunha maqueta e unha célula para probas en terra.

O programa de desenvolvemento non foi ben de todo, debido á escaseza de recursos de enxeñería ademais de varios fallos de subcontratistas e do goberno, pero eses problemas superáronse aos poucos. Houbo tamén presión contra o programa por parte do Secretario de Defensa Robert S. McNamara, que promoveu o concepto de "comunalidade" entre os servizos armados adoptando o Chinook no seu lugar. Porén, os Marines conseguiron convencer ao persoal de McNamara de que o Chinook non podería cumprir cos seus requisitos sen pasar por numerosos e caros cambios.

O primeiro YCH-53A realizou o seu voo de estrea na planta de Sikorsky en Stratford, Connecticut, o 14 de outubro de 1964, uns catro meses despois do agardado. Durante os meses anteriores os Marines xa realizaran un pedido inicial de produción por 16 helicópteros. As probas de voo foron máis fluídas do agardado, axudando a compensar o tempo perdido durante o desenvolvemento. O 19 de novembro de 1964 o tipo foi presentado formalmente ao público xeral. Nese tempo recibiu a designación militar e o nome de CH-53A Sea Stallion. O 12 de setembro de 1966 realizáronse as primeiras entregas a unha unidade operacional.Frawley 2002, p. 148

Máis desenvolvementos O CH-53A chegou a Vietnam en xaneiro de 1967 e demostrou ser útil, recuperando máis aeronaves caídas que o CH-54. Fabricáronse un total de 141 CH-53A, incluídos os dous prototipos. A Armada estadounidense adquiriu 15 CH-53A dos Marines en 1971 para actividades contra minas. Os helicópteros tiñan uns motores turboeixo T64-GE-413 máis potentes e recibiron a designación RH-53A.

A USAF pediu o HH-53B en setembro de 1966 e este voou por vez primeira o 15 de marzo de 1967. Esta variante engadía unha sonda de abastecemento, tanques de combustible lanzables e un guindastre de rescate. Tamén contaba cos motores actualizados T64-GE-3. A Frza Aérea usou os HH-53B para tarefas de busca e rescate de combate (CSAR). O HH-53C era unha variante CSAR mellorada cun tanque de combustible máis pequeno de 1 700 L a cambio de máis blindaxe e un mellor sistema de comunicacións. O CH-53C era semellante agás porque carecía da sonda de reabastecemento en voo. Foi usado pola USAF para traballos máis xerais de transporte. miniatura|250x250px|CH-53D aterrando O levantamento de cargas en climas tropicais precisaba máis potencia, polo que os Marines decidiron mercar unha variante mellorada, o CH-53D, con mellores motores (nun principio os T64-GE-412 e posteriormente os T64-GE-413). O CH-53D tamén tiña unha mellor transmisión para ir cos motores máis potentes, e un interior revisado que permitía transportar a 55 soldados.

O primeiro voo do CH-53D foi o 27 de xaneiro de 1969. O CH-53D serviu xunto co CH-53A durante o resto da guerra de Vietnam. Unha versión de transporte VIP designada VH-53D cun luxoso aloxamento foi usada polos Marines para os voos do presidente dos Estados Unidos. A Armada estadounidense tamén mercou helicópteros baseados no CH-53D para varrido de minas. Estes foron designados RH-53D e tiñan equipamento de varrido de minas como un par de metralladoras Browning de 12,7 mm para detonar minas. A Armada Navy recibiu 30 RH-53D a partir de 1973. Cando os RH-53D entraron en servizo, os RH-53A regresaron aos Marines e foron restaurados á configuración CH-53A.

Durante os anos 80 a frota de CH-53 Yas'ur da Forza Aérea de Israel foi actualizada por Israel Aircraft Industries e Elbit Systems. O proxecto, que rematou en 1997, mellorou a aviónica e a robustez dos CH-53, ampliando a súa vida polo menos dúas décadas máis.

En 1989 algúns dos CH-53A que foran retirados polos Marines pasaron á USAF para tarefas de adestramento, sendo redesignados TH-53A. Os TH-53A foron despoxados da meirande parte do equipamento operativo e pintados en cores de camuflaxe da USAF.

Variantes

miniatura|CH-53D miniatura|VH-53D miniatura|CH-53G

YCH-53A Dous prototipos con dous motores T64-GE-3 de . CH-53A Variante inicial de produción para o Corpo de Marines. 139 fabricados. RH-53A CH-53A remotorizado con dous T64-GE-413 de como variantes Airborne Mine CounterMeasures (AMCM) para a Armada dos Estados Unidos. 15 conversións. TH-53A CH-53As sen equipo usados como adestradores pola Forza Aérea dos Estados Unidos.

CH-53D CH-53A cunha transmisión mellorada, cabina máis grande para 55 soldados, e pregamento automático das ás para os Marines. 126 fabricados. RH-53D Variante AMCM do CH-53D para a Armada, equipada con metralladoras de 0,50 polgadas e con capacidade para ser reabastecidos en voo. Fabricáronse 30 para os Marines e seis unidades exportáronse a Irán antes da revolución iraniana en 1979.Frawley 2002, p. 148 Esta versión pode levar 11 340 kg de carga cun gancho de carga. VH-53D Dous CH-53Ds para ser usados como transportes VIP polos Marines. VH-53F Seis helicópteros VIP sen construír para a Armada/Marines.

CH-53G Versión base alemá do CH-53D para a Aviación do Exército de Alemaña. A designación interna de Sikorsky era S-65C-1. Fabricáronse un total de 112, incluídos 2 de preprodución, 20 montados por VFW-Fokker e 90 por Speyer.Eden, Paul. "Sikorsky H-53", Encyclopedia of Modern Military Aircraft. Amber Books, 2004. . En 2007 aínda había 89 CH-53 alemáns en servizo, e agardábase que cara 2014 aínda operasen 80. O goberno alemán mercou 166 motores T64-100 en tres lotes para actualizar toda a súa frota de CH-53G.

CH-53GS Actualización de 20 CH-53G a finais dos 90, con contramedidas adicionais contra mísiles, sistema de comunicacións e navegación mellorado e dous depósitos de combustible externos engadidos. Posteriormente recibiron o primeiro lote de motores T64-100 para operar nas condicións quentes e altas que prevalecen en Afganistán. Tamén se lles instalaron metralladoras MG3 e M3M. Tamén se pediu unha actualización CH-53GS/GE para proporcionar capacidade de busca e rescate de combate (CSAR) e 26 helicópteros.

CH-53GE Unha configuración baseada no CH-53GS con capacidades de busca e rescate de combate (CSAR). Actualizáronse aínda máis con electrónica moderna, dous tanques de combustible externos, contramedidas e filtros de po para os motores. Esta actualización solicitouse para apoiar a despregadura en Afganistán. CH-53GA Actualización de 40 CH-53G máis con nova cabina de voo, sistema de control, piloto automático, sistemas de comunicacións e navegación, FLIR, ECM e contramedidas contra mísiles.

S-65C-3 Yas'ur Versión de exportación para a Forza Aérea de Israel. S-65Ö Versión de exportación para a Forza Aérea de Austria. A designación interna de Sikorsky é S-65C-2.

Notas

Bibliografía

Frawley, Gerard: The International Directory of Military Aircraft, page 148. Aerospace Publications Pty Ltd, 2002. .

Categoría:Aeronaves de Sikorsky Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1964 Categoría:Helicópteros