A bandeira da República de Sakha (en ; Saqa Öröspüübülüketin Bılaağa) é unha bandeira étnica do pobo iacut e un símbolo oficial da república federal rusa, xunto co escudo de armas e o himno nacional da República de Sakha. A bandeira ten catro franxas horizontais. De arriba a abaixo, as raias son azul claro (3/4 do ancho da bandeira), branca (1/16), vermella (1/16) e verde (1/8). A bandeira úsase oficialmente como bandeira da República de Sakha dende o 14 de outubro de 1992. A franxa azul claro está cargada cun disco branco no centro. O diámetro do disco é 2/5 do ancho da bandeira.

Antes de 1992, a República de Sakha existía como a República Autónoma Socialista Soviética de Iacutia. Antes de 1937, a RASS de Iacutia utilizaba unha bandeira cun cantón azul que contiña a representación da aurora e o nome da república. Despois de 1937, a bandeira da RASS de Iacutia era idéntica á bandeira da RSFS rusa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:República de Sakha Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 1992