O territorio patriarcal de Xerusalén é un territorio parte da sé patriarcal de Antioquía e todo o Leste, Alexandría e Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita.

Territorio O territorio abrangue a parte central-meridional de Israel, as partes centrais e meridionais de Cisxordania e a Franxa de Gaza. A sé patriarcal é a cidade de Xerusalén, onde está a catedral de Nosa Señora da Anunciación.

O territorio está dividido en 8 parroquias: Catedral de Nosa Señora da Anunciación en Xerusalén. Parroquia da Presentación no Templo en Bait Hanina. Parroquia de Nosa Señora da Anunciación en Jaffa. Parroquia de San Xurxo en Taiba. Parroquia de Nosa Señora da Anunciación en Ramala. Parroquia da Natividade da Virxe en Bait Sahur. Parroquia da Natividade do Señor en Belén e Bait Xala. Parroquia da Decapitación de San Xoán Bautista en Rafidia (Nablus). Historia En xullo de 1772, a Propaganda deu xurisdición como administrador ao patriarca de Antioquía sobre os greco-católicos de Alexandría e de Xerusalén. O decreto leva a data do 13 de xullo de 1772, mais finalmente se enviou o 25 de xullo. A partir de 1838, o patriarca melquita tomou o título adicional de Xerusalén.

En 1998 o exarcado patriarcal foi elevado a territorio dependente do patriarca.

Vigairos e synkellos Bulus Simun (1836 - 1837) Militius Findi (1838 - 1846) Ilias Qatan (1846 - 1860) Ambrusius Abdu (1860 - 1864) Ilias Qatan (1864 - 1874) Ambrusius Abdu (1875 - 1876) Xusif Khawam (1877 - 1880) Irnatius Muaqad (1880 - 1886) Rafail Sulhaf (1886) Basilius Amara (1886 - 1890) Filib Muluk (1890 - 1895) Xusif al-Qadi (1896 - 1898) Filib Muluk (1898 - 1903) Aliksius Aql (1914 - 1920) Itian Dumar (1921) Kirilus Risq (1921 - 1926) Azanasius Murabrab (1926 - 1944) Butrus Saba (1944 - 1960) Xibrail Abu-Sada (1961 - 1965) Ilariun Kabuxi (1965 - 1974) Lutfi Laham (1974 - 2000) Matanius Hadad (2000 - 2006) Xurx Bakar (2006 - 2008) Xusif al-Sarbini (2008) Xusif Xul Sariai (dende 2008)

Notas

Categoría:Divisións territoriais católicas en Israel Categoría:Divisións territoriais católicas en Palestina Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica greco-melquita