Luis de Carlos Ortiz, nado en Madrid o 16 de marzo de 1907 e finado na mesma cidade o 27 de maio de 1994, foi un dirixente deportivo que ocupou o cargo de presidente do Real Madrid entre 1978 e 1985.
Traxectoria Socio do Real Madrid desde 1942 e directivo desde 1957, en 1978 substituíu o seu mentor e amigo Santiago Bernabéu tralo seu falecemento, e despois da renuncia ao cargo do vicepresidente Raimundo Saporta, a quen todos sinalaban como sucesor.
Durante o seu mandato pasaron polo banco do equipo Vujadin Boškov, Luis Molowny, Alfredo Di Stéfano e Amancio Amaro e o club gañou dúas ligas, dúas Copas do Rei e unha Copa da UEFA. Tamén baixo a súa presidencia levouse a cabo unha importante remodelación do estadio Santiago Bernabéu para ser sede do Mundial de 1982, do que acolleu varios encontros, entre eles a final.
Trala conquista da Copa da UEFA en 1985, decidiu retirarse e convocou novas eleccións. Foi sucedido por Ramón Mendoza, ao que De Carlos derrotara de forma contundente nas eleccións de 1982.
Recibiu a insignia de ouro do FC Barcelona. Durante o primeiro mandato de Florentino Pérez, o Real Madrid creou un foro de opinión co seu nome, o "Foro Luis De Carlos".
Vida persoal Casado con María de la Concepción Grau, tivo tres fillos, José Manuel, Jaime e Alfonso. Alfonso foi o único dos seus fillos que se vencellou ao fútbol, pois foi directivo e presidente do Viveiro CF
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Luis de Carlos en Realmadrid.com . Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2011.
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Presidentes do Real Madrid