Os galegos no Reino Unido son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Reino Unido. No ano 2016, eran arredor de 13 902 habitantes. A inmigración galega no Reino Unido formou unha das comunidades de galegos máis importantes en Europa, sendo a cuarta diáspora galega nun país europeo. O Reino Unido ocupa o décimo lugar do mundo con máis presenza galega, por detrás doutros países europeos como Alemaña, Suíza ou Francia.
Historia Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder. Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido. Censo electoral de galegos residentes no Reino Unidopor provincia de inscrición, a 1/9/2023 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 8.020 Provincia de Lugo 1.334 Provincia de Ourense 816 Provincia de Pontevedra 3384 Total de galegos no Reino Unido 13.554 Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Luis Botín, Marga de (1989). Españoles en el Reino Unido: breve reseña, 1810-1988. Emigración 1. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social. Outros artigos Centro Galego de Londres
Categoría:Grupos étnicos do Reino Unido Reino Unido