Os Geuzen (en , pronunciado [ˈɣøzən], en francés: les Gueux, en inglés: the Beggars, os mendigos), tamén chamados Mendigos do Mar, foi un nome asumido pola confederación de nobres holandeses calvinistas e outros descontentos, que a partir de 1566 se opuxeron ao goberno da monarquía ibérica nos Países Baixos.
Historia Foron orixinalmente un grupo de nobres das Dezasete Provincias que en 1566 se queixaron da política, a Inquisición e a falta de liberdade relixiosa baixo o reinado de Filipe II xunto á gobernadora Margarida de Parma. Para tranquilizar o ansioso gobernador ante un centenar de nobres, un dos seus conselleiros de Estado diría en francés: "N'ayez pas peur Madame, ce ne sont que des gueux" (Non teña medo, Señora, son só uns mendigos).
thumb|Guillerme I de Orange
En 1569 Guillerme I de Orange, que non se colocara abertamente á fronte do partido revolta, emitiu patentes de corsario a varios barcos tripulados por criminais de diversas nacionalidades. Estes violentos corsarios baixo unha sucesión de líderes atrevidos e impulsivos, o máis coñecido deles Guillerme II de la Marck, foron chamados os Mendigos do Mar. Inicialmente contentáronse con saquear por mar e terra, e levar o seu botín a portos ingleses onde podían reequiparse e abastecerse.
Porén, en 1572, a raíña Isabel I de Inglaterra negouse bruscamente a admitir aos mendigos do mar nos seus portos. Non tendo máis refuxio, realizaron un ataque desesperado contra Brielle, que tomaron por sorpresa ante a ausencia da gornición hispánica o 1 de abril de 1572. Animados por este sorprendente éxito, navegaron até Vlissingen, que tamén foi tomada nun ataque rápido. A toma destas dúas cidades supuxo un xiro, permitindo unha revolta xeral dos Países Baixos, e considérase o verdadeiro comezo da independencia holandesa.
En 1573 os Geuzen derrotaron a unha frota hispana baixo o mando do almirante Bossu fóra do porto de Hoorn, no golfo de Zuiderzee. Mesturados coa poboación nativa, rapidamente estimularon rebelións contra o "duque de ferro" cidade tras cidade e estenderon a resistencia cara ao sur.
Algúns dos antepasados dos grandes heroes navais holandeses comezaron as súas carreiras navais como Geuzen, tal foi o caso de Evert Heindricxzen, o avó de Cornelis Evertsen. Entregáronse moitas 'medallas de Geuzen'.
Termo A palabra gueux ou mendigo foi neerlandarizada cara a geus [ɣøs], en plural geuzen. A pesar de ser a versión máis popular, a historicidade da anécdota na orixe da palabra non está confirmada por todos os historiadores.Anton van der Lem, «“N'ayez pas peur Madame, ce ne sont que des gueux”», De Tachtigjarige Oorlog, Leiden, Universitat de Leiden, 2010 (en català: La Guerra dels Huitanta Anys) O que si é certo é que posteriormente o termo xeneralizouse para referirse a grupos de rebeldes armados contra o réxime español.
Watergeuzen e Bosgeuzen Fálase de Watergeuzen (mendigos ou esmoleiros do mar) para designar aos que atacaron a Armada española e de Bosgeuzen (esmoleiros do bosque) para guerrilleiros no continente.
Uso na actualidade A palabra geuzennaam ou nome de mendigo úsase cando un grupo ou minoría discriminado usa o mesmo alcume que outros lle dan como título de honra, como fixeron os nobres do século XVI. Isto desactiva a súa natureza insultante. En neerlandés de Bélxica tamén recibiu o significado de non-católico.Guido Geerts et alii, «Geus», Groot Woordenboek der Nederlandse Taal, tom 3, Utrecht-Antwerpen, Van Dale Lexicografie, 1999, pàgina 1111,
Estudantes holandeses lembran o evento coa rima:"Op 1 april verloor Alva zijn bril"significando "O 1º de abril, Alva perdeu as súas gafas", facendo un xogo entre bril, 'lentes' en holandés, e o nome da cidade, Brielle ou Den Briel.
April verloor é o nome en neerlandés para o April Fools' Day, ou día das bromas ou mentiras (en galego, o 1º de abril van os burros onde non debían ir)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jurien de la Gravìere, "Les gueux de mer" en Revue des Deux Mondes. París, 1892. Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Guerra de Flandres Categoría:Pirataría