Os basiliscos (Basiliscus) son un xénero de lagartos da familia Corytophanidae. Os basiliscos atópanse na selva tropical de América Central e do Sur, desde o sur de México até Ecuador e Venezuela.
Trátase de lagartos similares ás iguanas, pero de aspecto máis áxil e moi esvelto, e en xeral, de proporcións máis reducidas. Diferéncianse ademais por ter unha ou dúas cristas normalmente unha sobre a cabeza ou outra, de maior tamaño, sobre o dorso (podendo chegar até unha cuarta parte da súa cola). A súa alimentación tamén é máis ecléctica, consumindo gran variedade de alimentos. De temperamento nervioso e acelerado, estes lagartos son coñecidos pola súa capacidade para correr sobre a auga, grazas a que se moven a unha velocidade extraordinaria.
Taxonomía e etimoloxía Tanto o nome xenérico, Basiliscus, como o nome común, "basilisco", derivan do grego basilískos (βασιλίσκος) que significa "pequeno rei". O epíteto específico, vittatus, que en latín significa "raiado", deuse na décima edición de Carl Linnaeus de Systema Naturae oficial.
Clasificación Xénero Basiliscus"Basiliscus ". The Reptile Database. www.reptile-database.org. +ImaxeNome científicoNome comúnDistribuciónminiaturaBasiliscus basiliscusBasilisco comúnDo Noroeste de Nicaragua até o noroeste de Colombia no lado do Pacífico, e desde o centro de Panamá até o noroeste de Venezuelaminiatura|139x139pxBasiliscus galeritusBasilisco occidental ou Basilisco de cabeza vermellaColombia occidental e Ecuador occidentalminiatura|136x136pxBasiliscus plumifronsBasilisco emplumado, Basilisco verde, o Basilisco de dobre cristaEste de Honduras,pasando a través de Nicaragua até Costa Ricaminiatura|135x135pxBasiliscus vittatusBasilisco marrón, Basilisco raiadoMéxico, América Central e o noroeste de Colombia
Fisioloxía Os basiliscos en media miden 70 a 75 cm de lonxitude total (incluída a cola). O seu crecemento é perpetuo, rápido cando son novos e non lineais para basiliscos maduros. As súas longas veas en forma de crista, están presente en tres puntos distintos (cabeza, costas e cola) confiren a impresión de criaturas como Dimetrodon e Edaphosaurus. A súa pel despréndese en pedazos.
Mobilidade sobre a auga esquerda|miniatura|Basilisco común camiñando sobre a auga. Os basiliscos teñen a notable habilidade de ser capaces de correr sobre a superficie da auga. As súas patas posteriores están provistas duns lóbulos dérmicos que funcionan como aletas, os cales aumentan a superficie de apoio sobre a auga. Estes son enrolados cando o animal camiña por terra. Si o animal afronta o perigo, comeza a correr moi rapidamente sobre a superficie dun río ou un lago, entón as aletas dos seus pés traseiros ábrense permitindo aumentar a súa superficie de apoio e así correr sobre a auga. Con todo, ao decrecer a súa velocidade nuns 2 minutos, o basilisco afúndese e ten que nadar do modo normal de calquera outro lagarto.
Debido a esta habilidade, dicíase que tiña poderes sobrenaturais. En Ecuador coñéceselles como piandes e en Colombia como pasarroyos (pasa-arroyos = pasa-regatos).
Outro mecanismo de defensa Os basiliscos poden escavar na area para esconderse dos depredadores para evitar que a area invada as súas fosas nasais posúen un anel de músculos ao redor de ambas as fosas nasais.
Especies invasoras A especie Basiliscus vittatus (basilisco marrón) foi introducida en Florida.Powell R, Conant R, Collins JT (2016). Peterson Field Guide to Reptiles and Amphibians of Eastern and Central North America, Fourth Edition. Boston and New York: Houghton Mifflin Harcourt. xiv + 494 pp., 47 plates, 207 figures. ISBN 978-0-544-12997-9. (Basiliscus vittatus, p. 276 + Plate 24). Onde conseguiu adaptarse aos invernos máis fríos cavando no lixo das follas para conseguir calor. Os informes actuais ven o basilisco marrón até o norte de Fort Pierce, na costa leste do estado, onde pequenos grupos se arrastraron até o North Fork do río Saint Lucie. Foi visto principalmente en Boca Raton e noutras cidades do condado de Palm Beach.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Basilisco (criatura mitolóxica)
Categoría:Réptiles