Dólar de prata do400 aniversario de Jamestown170x170px170x170pxA/: Imaxes dunha persoa africana e dun indio americano, con John Smith no medio. Marcas de gravador (DW e DE). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / FOUNDING JAMESTOWN / 1607-2007R/: Tres barcos navegando. Marca de ceca (P) e marcas de gravador (SG e CLV). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM Valor: 1 dólar. Gravador: D. Weaver e D. Everhart (anv.), e S. Gamble e C. Vickers (rev.). Datas de emisión: 2007 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia. Tiraxe: 341.397 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do 400 aniversario de Jamestown é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2007 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 108-289, do 6 de agosto de 2004,"Public Law 108-289 - AUG. 6, 2004". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do 400º aniversario do asentamento de Jamestown, no Estado de Virxinia."Jamestown 400th Anniversary Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.
Esta moeda forma parte do programa de emisións da US Mint para conmemorar este asentamento, que se completa coa cuñaxe dunha moeda de ouro con valor facial de cinco dólares."Jamestown 400th Anniversary Commemorative Coin Program". United States Mint.
Deseño Os deseños de ambas as moedas que compoñen o programa foron anunciados pola US Mint en xuño de 2006."Jamestown 400th Anniversary Commemorative Designs Unveiled". United States Mint.
No anverso da moeda, deseñado e gravado conxuntamente por Donna Weaver e Don Everhart, reprodúcense as figuras das coñecidas como "tres faces da diversidade": o capitán John Smith, unha persoa de orixe africana e un indíxena americano. Estas imaxes representan as tres culturas que confluíron en Jamestown. Xunto a estes motivos, inclúense lendas alusivas ao 400 aniversario do asentamento de Jamestown. A dobre data da moeda, 1607-2007, alude ao mesmo tempo a esa conmemoración e ao ano de emisión."1 Dollar Jamestown 400th Anniversary". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra de Susan Gamble e Charles Vickers, representa os tres barcos nos que chegaron a Jamestown os seus 105 primeiros colonos británicos: o Susan Constant, o Godspeed e o Discovery.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares. A moeda comezou a produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia o 1 de xaneiro de 2007, e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 10 de xaneiro de 2007."Jamestown 400th Anniversary Commemorative Coins Available January 10". United States Mint.
A súa produción foi de 79.801 moedas na súa condición estándar e 258.802 en versión con acabamento especial (proof), o que fai un total de 338.603 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2007 Jamestown 400th Anniversary". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse conxuntamente á Secretaría do Interior dos EEUU e a dúas entidades sen ánimo de lucro: a Fundación Jamestown-Yorktown, de Virxinia, e a Asociación para a Preservación das Antigüidades de Virxinia.
Recoñecementos O dólar de prata do 400 aniversario de Jamestown foi recoñecido co Premio Moeda do Ano de 2009, á moeda de maior relevancia histórica emitida no mundo en 2007."COTY goes to Mongolia". En Numismatic News. 11 de febreiro de 2009.Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2007 Jamestown Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Nativos americanos en moedas