Dólar de prata dos patriotas negrosda Guerra de Independencia dos EEUU180x180px180x180pxA/: Busto de Crispus Attucks. Marca de ceca (S) no campo e data no exergo. Lenda: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / CRISPUS ATTUCKS 1723 - 1770 R/: Detalle do monumento proposto aos patriotas negros da Guerra de Independencia. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: John Mercanti (anv.) e Ed Dwight (rev.). Datas de emisión: 1998 Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco ("S"). Tiraxe: 112.280 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata dos patriotas negros da Guerra de Independencia dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1998 e cuñada pola Ceca de San Francisco.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-329, do 20 de outubro de 1996,"Public Law 104-329 - OCT. 20, 1996". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa para render homenaxe á figura de Crispus Attucks (1723-1770), no 275 aniversario do seu nacemento, así como ao resto dos patriotas de raza negra que loitaron na Guerra de Independencia dos Estados Unidos."Black Revolutionary War Patriots Commemorative Silver Dollar". United States Mint.
Deseño O anverso da moeda, deseñado polo gravador da US Mint John Mercanti, está caracterizado por un busto de Crispus Attucks, un patriota negro asasinado polos británicos no Masacre de Boston de 1770, un dos sucesos que conduciron á Guerra da Independencia."1 Dollar Black Revolutionary War Patriots". Numista.com
A parte central do reverso, obra de Ed Dwight, reproduce o deseño proposo para a un monumento en bronce aos Patriotas Negros da Guerra de Independencia, que se proxectaba erguer no National Mall de Washington, o lugar histórico onde Martin Luther King pronunciou o seu coñecido discurso "Teño un soño".
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de San Francisco e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 13 de febreiro ata o 31 de decembro de 1998. A a súa produción foi de 37.210 exemplares en coindición estándar e 75.070 con acabamento especial (proof); é dicir, un total de 112.280 exemplares, moi por baixo da tiraxe máxima autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1998 Black Revolutionary War Patriots Silver Dollar". United States Mint.
A moeda comercializouse cun 10 % de recarga no seu custo e o beneficio conseguido coa súa venda estaba destinado á construción do citado Monumento aos Patriotas Negros da Guerra de Independencia, no National Mall, en Washington. Porén, o modesto acollemento comercial por parte da poboación fixo que os beneficios non fosen suficientes para levar a cabo o proxecto, e a conseguinte escasa tiraxe traduciuse nun importante incremento dos prezos desta emisión no mercado secundario.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1998 Black Revolutionary War Patriots Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América