Dólar de prata American Buffalo180x180px180x180pxA/: Cabeza de xefe indio cara á dereita. Data e marca de ceca. Lenda: LIBERTY R/: Bisonte americano en pé cara á esquerda. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: James Earle Fraser Datas de emisión: 2001 Ceca: US Mint:Ceca de Filadelfia ("P") e Ceca de Denver ("D"). Tiraxe: 500.000 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata American Buffalo é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 2001 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 106-375, do 27 de outubro de 2000,"Public Law 106-375 - OCT. 27, 2000". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa tanto do Museo Nacional do Indio Americano, como da antiga moeda de cuproníquel de cinco centavos coñecida como Buffalo nickel,"5 Cents "Buffalo Nickel"". Numista.com en cuxo deseño se basea."American Buffalo Commemorative Coin". United States Mint.
Deseño O deseño da moeda é practicamente coincidente co creado en 1913 por James Earle Fraser para o Buffalo nickel."1 Dollar American Buffalo". Numista.com
O indio de perfil do seu anverso é unha composición con trazos de tres xefes indios de diferentes tribos, que actuaban a principios do século XX en espectáculos do Vello Oeste en Nova York: o xefe Síux Cola de Ferro, o xefe Cheyenne Dúas Lúas, e o xefe Kiowa Grande Árbore.
Segundo a lenda, para o bisonte americano do reverso Fraser tomou como modelo a Black Diamond (1893-1915), un popular bisonte do zoolóxico de Central Park, en Nova York.
Produción e comercialización A lei que autorizaba esta emisión fixou unha tiraxe máxima de 500.000 exemplares. As moedas puxéronse ao dispor do público o 7 de xuño de 2001 e a súa venda concluíu ás dúas semanas, o 21 de xuño, por mor do seu éxito, xa que se vendeu a tiraxe completa.
Na Casa da Moeda de Denver producíronse os 227.131 exemplares de cuñaxe estándar, en tanto que a Casa da Moeda de Filadelfia cuñou as 272.869 moedas con acabamento especial (proof), que suman a tiraxe máxima autorizada de 500.000 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2001 American Buffalo". United States Mint.
No momento do seu lanzamento, o dólar de prata American Buffalo vendeuse ao prezo oficial de 11 dólares, e eses dez dólares de recarga estaban destinados ao financiamento da apertura, a dotación e o mantemento dos programas educativos do Museo Nacional do Indio Americano, do Instituto Smithsoniano. Como a tiraxe se esgotou tan axiña, o museo solicitou unha ampliación de 250.000 ou 500.000 exemplares máis, aínda que a súa solicitude foi rexeitada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Moeda de 5 centavos de dólar Buffalo Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2001 American Buffalo Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Nativos americanos en moedas