Charles Chipiez nado en Écully o 11 de xaneiro de 1835 e finado en París o 9 de novembro de 1901 foi un arquitecto, historiador da arquitectura e exiptólogo francés do século XIX. Profesor da Escola Especial de Arquitectura, ten entre os seus logros a construción da Escola Nacional de Formación Profesional Armentieres en 1887, a actual Escola de Educación Tecnolóxica Gustave Eiffel Armentieres.

Traxectoria

A finais do século XIX realizou xunto co arqueólogo Georges Perrot unha gran viaxe de estudos da arquitectura antiga co apoio da editorial Hachette. Esta viaxe levounos a través de Grecia, Irán, Exipto,Turquía e outros países.

Realizan estudos na maioría dos monumentos arquitectónicos da antigüidade e moitas reconstrucións baseadas na observación coidadosa das esculturas e ruínas. Publican ao seu regreso unha obra en varios volumes dunha historia sintética da arquitectura antiga, con moitas ilustracións. A obra permanece inacabada por mor das mortes sucesivas de ambos. Despois da morte de Chipiez, Georges Perrot continuou escribindo e publicando só os dous últimos libros (volumes IX e X).

Obras (escolma)

1876 - Historia crítica das orixes e formación das ordes gregas - Morel et Cie París. Etruria - Roma - Paris - Hachette et Cie. Con Georges Perrot, Historia da arte no Antigo Exipto, Asiria, Persia, Asia Menor, Grecia 1882 - Tome I : L'Égypte. (Volume I: Exipto). 1884 - Tome II : Chaldée et Assyrie (Volume II: Caldea e Asiria) 1885 - Tome III : Phénicie, Cypre (Volume III: Fenicia, Chipre). 1887 - Tome IV : Judée, Sardaigne, Syrie, Cappadoce. (Volume IV: Xudea, Sardeña, Siria, Capadocia). 1890 - Tome V : Perse, Phrygie, Lydie et Carie, Lycie. (Volume V: Persia, Frigia, Lidia, Caria, Licia). 1894 - Tome VI : La Grèce primitive. L'art mycénien. (Volume VI: A primitiva Grecia. Arte micénico). 1898 - Tome VII : La Grèce de l'épopée. La Grèce archaïque (le temple). (Volume VII: a épica Grecia. A Grecia arcaica (o templo)). 1903 - Tome VIII : La Grèce archaïque. La sculpture (Volume VIII: A Grecia arcaica. Escultura). 

Galería

Notas

Véxase tamén

Persépole Georges Perrot

Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Exiptólogos Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1901