Turnix melanogaster é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae endémica do leste de Australia, onde vive normalmente nos bosques húmidos. Ambos os seus sexos teñen unha plumaxe con pintas na que se mesturan o negro, o branco e distintos tons de pardo, mais a femia é de maior tamaño que o macho e ten máis extensión de negro no rostro e na garganta.
Taxonomía Foi descrito cientificamente polo ornitólogo inglés John Gould en 1837 co nome de Hemipodius melanogaster. O seu nome científico provén dos termos gregos melano- «negro», e gaster «ventre».
A pesar das súas semellanzas externas, non están emparentados coas paspallás. Tradicionalmente clasificábanse dentro da orde Gruiformes, pero as análises xenéticas mostraron que proceden dunha liñaxe antiga escindida de Charadriiformes.
Descrición É unha ave robusta, de hábitos principalmente terrestres e de cola curta. A súa plumaxe é principalmente veada en negro, parda e castaña avermellada, con pintas e listas esbrancuxadas, e ten os ollos brancos. Como noutras especies de turnícidos as femias son máis grandes e teñen plumas máis rechamantes que os machos. As femias miden até 20 cm de longo e teñen o rostro e a gorxa negros, salpicados por finas pencas brancas. Os machos alcanzan até 19 cm e carecen das marcas negras da cara e da gorxa.
As femias emiten un canto agudo de tipo oom.
Distribución e hábitat Atópase unicamente nas rexións costeiras do leste de Australia, desde Hervey Bay en Queensland até o extremo nordés de Nova Gales do Sur. É escaso e o seu hábitat está fragmentado. Habita nas selvas húmidas e zonas próximas, ademais das plantacións de piñeiro de Baía Moreton (Araucaria cunninghamii), e as matogueiras de lantana. Atópase no parque nacional Palmagrove, que por iso é identificado por BirdLife International como unha área importante para a conservación das aves.
Noutro tempo era abundante en Inskip Point, preto de illa Fraser, pero sufriu a depredación dos dingos e cans salvaxes até case desaparecer.
Estado de conservación A especie estivo clasificada como vulnerable até 2012, cando pasou á clasificación de especie case ameazada. A maioría dos redutos de hábitat natural do Turnix melanogaster foron tallados e as súas poboacións atópanse fragmentadas. Estímase que a poboación é dunhas 2500 parellas reprodutoras e está en declive.Smyth, A.K., Pavey, C.R., 2001. Foraging by the endangered black-breasted button-quail (Turnix melanogaster) within fragmented rainforest of an agricultural landscape. Biol. Conserv. 98, 149–157. doi:10.1016/S0006-3207(00)00149-X Clasifícase como vulnerable en Queensland.Smyth, A.K., Young, J., 1996. Observations on the endangered Black-breasted Button-quail Turnix melanogaster breeding in the wild. Emu 96, 202–207.IUCN Redlist, n.d. Turnix melanogaster (Black-breasted Buttonquail, Black-breasted Button-quail) [WWW Document]. URL http://www.iucnredlist.org/details/22680556/0 (accessed 4.26.14a).Environment, D. of the, 2009b. National recovery plan for the black-breasted button-quail (Turnix melanogaster) [WWW Document]. URL http://www.environment.gov.au/resource/national-recovery-plan-black-breasted-button-quail-turnix-melanogaster (consultado 25.4.14).
Reprodución Os roles sexuais habituais nas aves están intercambiados. As femias son máis grandes e son de tons máis rechamantes e aparéanse con múltiples machos, aos que deixan a incubación dos ovos e o coidado dos pitos. Crían unha ou dúas niñadas cada ano, e aniñan en pequenas depresións do terreo despexadas da terra e as follas caídas e recubertas con vexetación seca. Pon entre tres e catro ovos esbrancuxados agrisados brillantes salpicados de pencas ennegrecidas e violáceas, que miden 28 mm x 23 mm.
Notas
Véxase tamén
BirdLife Species Factsheet.
Categoría:Turnícidos Categoría:Aves de Australia Categoría:Animais descritos en 1837 Categoría:Fauna endémica de Australia