O escocés do Ulster ou scots do Ulster (en , en irlandés Albainis Ultach) é un dialecto do escocés scots falado nalgunhas partes da rexión irlandesa do Ulster. Considérase xeralmente como un dialecto ou grupo de dialectos da lingua xermánica escocesa (non confundir co gaélico escocés, ás veces chamada simplemente "escocés" ou "lingua escocesa"), aínda que organizacións como a Ulster-Scots Language Society e a Ulster-Scots Academy considérano unha lingua por dereito propio e o antigo Departamento de Cultura, Artes e Lecer utilizaron o termo lingua escocesa do Ulster.

Notas

Categoría:Irlanda do Norte Categoría:Linguas Categoría:Linguas xermánicas