José Piñeiro Fontenla, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade) o 16 de maio de 1879 e finado en Mar del Plata en 1967, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Gustavo Piñeiro, enxeñeiro, e María Fontenla. Cara a 1893 embarcou como polisón a Buenos Aires na busca do seu pai. Ao chegar a Montevideo da morte do seu pai. Autodidacta, traballou como mozo de bar, condutor de tranvías, acomodador de cines, e participou no proxecto da estación Villa Urquiza. Acabou sendo propietario dunha empresa de mudanzas. Colaborou en Caras y Caretas, PBT e Fray Mocho. Foi un dos fundadores de El Despertar Gallego e subdirector do xornal La Capital de Mar del Plata.
Foi o creador da popular cuarteta arxentina: “En el cielo las estrellas, en el campo las espinas y en el medio de mi pecho… ¡la República Argentina!”.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Escuela nro 1: "José de San Martín"
Categoría:Xornalistas de Cerdedo Cotobade Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1967