Cohors I Asturum et Callaecorum [civium Romanorum] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas e inscricións militares .
Nome
Asturum et Callaecorum: [os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos, aínda que os ástures constituían a maioría mentres os galaicos eran unha minoría.
civium Romanorum : de cidadáns romanos ou con cidadanía romana. Ao lle outorgar o título "civium romanorum" a unha unidade concedíase a cidadanía romana a todos os seus soldados. Non obstante, isto non aplicaba para os soldados aceptados na unidade despois, que recibían a cidadanía romana só ao se licenciaren ( honesta missio ) despois de 25 anos de servizo. Este engadido aparece nalgúns diplomas militares, pero non nas inscricións.
O non existiren referencias aos sufixos milliaria (1000 homes) e equitata (mixtas de infantaría e cabalaría), pódese supoñer que se trata dunha cohorte de infantaría pura (Cohors peditata). A forza nominal da unidade era de 480 homes, e constaba de 6 centurias con 80 homes cada unha.
Historia A primeira evidencia da unidade na provincia de Mauretania Tingitana procede dunha inscrición que se atopou en Volubilis, e que se data no ano 57 d.C. Posiblemente unha vexillatio (destacamento) da cohorte 60 estivo destinada temporalmente na provincia de Illyricum . En diplomas militares datados en 109, 114/117, 122, 124, 131, 153, 156/157, 159, 161 e 162/203 a cohorte figura como parte das tropas destacadas en Mauretania Tingitana baixo diferentes gobernadoresJohn Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1-84171-046-4, páxinas 79–80 Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, p. 176 (PDF p. 178 Tabelle 18). Diplomas militares dos anos 54/68 (), 60 (), 109 (, RMD-02,84 = ), 114/117 (), 122 ( = ), 124 (), 131 (RMD-03,157 = ), 153 (RMD-05,409, RMD-05,410, , ZPE-197-243), 156/157 (, ), 159 (RMD-01,53 = ), 161 (RMD-02,107 = ) e 162/203 (RMD-03,186 =
Localizacións As localizacións da cohorte en Mauretania Tingitana poden ser:
Aïn Schkour: Varias inscricións indican a presenza de (partes) da cohorte en Aïn Schkour, John Spaul asume que a unidade estaba estacionada en Ain Schkour . Volubilis : A lápida do prefecto Nammius Maternus atopouse en Volubilis.
Integrantes miniatura|333x333px| Inscrición de Volubilis dedicada a Nammius Maternus, prefecto da cohorte Coñécense os seguintes membros da cohorte :
Comandantes Todos os comandantes tiñan o rango de prefecto.
Aemi[lius . ] Caius Vibius Salutaris Flavius (ou C. Iul. ) Neon Gaius Julius Longinus Lucius Domitius Dentonianus Nammius Maternus , Publius Valerius Priscus
Outros
Ogrigenus, soldado Runcanius Victor, optio
Debate historiográfico
Mauretania Tingitana e Illyricum A cohorte está documentada en toda Mauretania Tingitana mediante diplomas militares do ano 109 ao 162 e non se coñecen inscricións ou diplomas militares deste período que indiquen que a unidade estaba estacionada fóra de Mauretania Tingitana. Non obstante, isto non se aplica ao período que abrangue entre os anos 54 ao 60; pola existencia de inscricións e diplomas militares que poderían indicar que a cohorte estaría estacionada en dúas (ou tres) provincias durante un tempo relativamente curto. A secuencia cronolóxica das inscricións e dos diplomas militares (e, xa que logo, das provincias nas que estaba destinada a cohorte) é a seguinte:
54: Noricum : Non hai seguridade da unidade figurar mesmo no diploma . 57: Volubilis (Mauretania Tingitana) ILM 00058 60: Illyricum
Margaret M. Roxan asume que existían neste momento dúas cohortes diferentes chamadas Cohors I Asturum et Callaecorum :
Cohors I Asturum et Callaecorum, que estaba destinada en Illyricum. Cohors I Asturum et Callaecorum cR que estaba destinada en Mauretania Tingitana.
Juan Manuel Roldán Hervás tamén é desta opinión, unha destinada en Illyricum e Xermania e outra en Mauretania Tingitana. Pola contra, John Spaul prefire a tese de que era unha única cohorte. Asume que a unidade estaba estacionada permanentemente en Mauretania Tingitana e que un vexillatio da cohorte 60 estivo temporalmente en Illyricum . Narciso Santos Yanguas considera que se desprazou temporalmente toda a cohorte entre os anos 57 e 60 e logo volveu ao norte de África, a finais do século I ou nos primeiros anos do século II.
Xermania Malia a non existencia de referencias claras, considérase que o primeiro destino da unidade foi Xermania e a primeira evidencia da cohorte é unha lápida de Ogrigenus, que morreu despois de 9 anos de servizo e que se atopou en Zahlbach datada no período xulio-claudio .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cohors II Asturum et Callaecorum
Categoría:Galaicos Categoría:Ástures Categoría:Tropas auxiliares da Roma Antiga