Doris verrucosa é unha especie de molusco opistobranquio da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos, unha das integradas no xénero Doris,Doris verrucosa Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 8 de abril de 2022. do que é súa especie tipo.

Taxonomía Descrición A especie foi desdrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Doris.

O epíteto específico, verrucosa, é o feminino singular do adxectivo do latín clásico verrūcōsus, a, um,Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford. Clarendon Press. aludindo ao aspecto que presenta a súa superficie, con numerosas verrugas.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Archidoris granosa Bergh, 1907 Doridigitata verrucosa (Linnaeus, 1758) Doris biscayensis P. Fischer, 1872 Doris derelicta P. Fischer, 1867 Staurodoris bobretzkii Gadzikiewicz, 1907 Staurodoris verrucosa (Linnaeus, 1758) Staurodoris verrucosa var. mollis Eliot, 1906

Características Doris verrucosa é un nudibranquio de corpo ovalado de cor parda amarelada cunha pel verrugosa distintiva. Ten oito branquias dispostas ao redor do ano, e os seus rinóforos son perfoliados. Os espécimnes galegos e surafricanos poden alcanzar unha lonxitude total de 30 mm.Zsilavecz, G. (2007): Nudibranchs of the Cape Peninsula and False Bay. Cape Town: Southern Underwater Research Group. ISBN 0-6203-8054-3. Porén, a súa lonxitude máxima rexistrada é de 70 mm.Welch J. J. (2010): "The "Island Rule" and Deep-Sea Gastropods: Re-Examining the Evidence". PLoS ONE 5 (1): e8776.

Distribución Esta especie encóntrase no Atlántico (incluído o mar Mediterráneo), nas costs de Francia, España, Reino Unido e Irlanda.Rudman, W. B. (1999): "Doris verrucosa Linnaeus, 1758". En Sea Slug Forum. Australian Museum, Sydney.

Informouse da súa presenza en Suráfrica, pero pode resultar que sexa dunha especie separada e moi relacionada.

Os rexistros desta especie na costa do Brasil demostráronse que eran dunha especie separada, Doris januarii.Lima, P. O. V. & Simone, L. R. L. (2015): "Anatomical review of Doris verrucosa and redescription of Doris januarii (Gastropoda, Nudibranchia) based on comparative morphology". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 95 (6): 1203-1220. ( Amplo resumo).

En Galicia En Galicia, segundo Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, esta especie encóntrase en todo o litoral, aínda que é pouco común. Vive entre o litoral interior e a rexión infralitoral, en fondos de pedras e algas, onde se alimenta de esponxas.Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bouchet, P. & Rocroi, J.-P. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia 47 (1-2): 1-397. Thompson, T. E. & Brown, G. H. (1984): Biology of Opisthobranch Molluscs, Vol 2. Londres, Reino Unido: Ray Society Monographs. ISBN 978-0-9038-7418-2.

Outros artigos Gasterópodos Opistobranquios Nudibranquios Doris

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos do océano Atlántico Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné