Robert E. Preston, nado en Bean Station, Tennessee, en 1836, e finado o 24 de xuño de 1911, foi un alto funcionario estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1893 e 1898.
Traxectoria Preston naceu na localidade de Bean Station, Estado de Tennessee, en 1836.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 149.Johnson, A. S. et al. (1894). Páxina 499.
O 1 de abril de 1856, o secretario do Tesouro dos EEUU, James Guthrie, contratouno para traballar nun posto na oficina do primeiro auditor. Nesa oficina foi ascendendo de posto ata se converter en responsable das contas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Tesouro.
Cando a Lei da Moeda de 1873 creou a Oficina da Casa da Moeda, o daquela director da US Mint, Henry Linderman, animou a Preston a ingresar nela. Alí traballou como contador de metais preciosos, empregado de ensaios, encargado das contas e examinador, e en varias ocasións actuou como director interino da institución, en ausencia de Linderman e, posteriormente, dos seus sucesores Horatio C. Burchard e James P. Kimball.Evans, G. G. (1898).
En 1893, o presidente Grover Cleveland nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, en substitución de Edward O. Leech. O nomeamento de Preston baseouse estritamente no seu mérito, xa que nunha época de efervescencia da cuestión da "prata libre", o presidente non quixo nomear un político como director da Casa da Moeda."The New Mint Director" En The New York Times. 28 de setembro de 1893. Preston ocupou o cargo de director desde novembro de 1893 ata febreiro de 1898, logo do cal se reincorporou ao seu posto como examinador.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 149-150.
Vida persoal Robert E. Preston casou cunha muller chamada Ellen Louise, con quen tivo unha filla, Nannie M. Preston."Miss Nannie M. Preston, only daughter of Robert E. Preston, former Director of the Mint...". En The Washington Herald. 13 de xuño de 1909.
Preston morreu o 24 de xuño de 1911,Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 150. aos 77 anos, e foi soterrado tres días despois no cemiterio de Oak Hill, en Washington."Lot 190 ". Oak Hill Cemetery, Georgetown, D. C. (North Hill).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Evans, G. G. (1898). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxinas 87-88.
Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Robert Evan Preston". En Medals of the United States Mint. U.S. Government Printing Office. Páxinas 149-150.
Johnson, A. S. et al.(1894). The Cyclopedic Review of Current History. Volume 3.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos