Pucciniomycetes é unha clase de fungos da división Basidiomycota. Inclúe unhas 8000 especies divididas en 63 xéneros. Usualmente patóxenos de plantas.
Descrición
Os pucciniomicetos non desenvolven basidiocarpos e reprodúcense sexualmente, a cariogamia dáse nunha espora en repouso de paredes grosas (teliosporas) e a meiose ocorre ao xerminar a teliospora. Ten poros septais simples sen tapas de membrana e corpos de postes de fuso en forma de disco. Agás algunhas especies, os basidios, cando están presentes, son septados transversalmente. As especies tamén forman fragmobasidios. A manosa é o principal carbohidrato da parede celular, a glicosa, a fucosa e a ramnosa son os azucres neutros menos prevalentes, e a xilosa non está presente. Os fungos desta clase son filamentosos e forman hifas que as conectan coas células do vexetal. Tamén poden ser dimórficos cun estado levediforme e un estado hifal.
Xéneros Aecidium Bullaria Caeoma Calyptospora Centridium Ceratitium Ceropsora Chrysomyxa Coleosporium Cronartium Cumminsiella Endophyllum Epitea Gymnoconia Gymnosporangium Hyalopsora Kuehneola LecytheaMelampsora Melampsoridium Melampsorella Milesina Miyagia Nyssopsora Ochropsora Paepalopsis Periaermium Peridermium Phelonitis Phragmidium Pileolaria Podocystis Polycystis Puccinia Pucciniastrum PuccinellaRoestelia Rostrupia Schinzia Schroeteriaster Thecopsora Trachyspora Tranzschelia Trichobasis Trichopsora Triphragmiopsis Triphragmium Uredinopsis Uredo Urocystis Uromyces Uropyxis
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Tree of Life - Urediniomycotina (en inglés) Classification (en inglés) Dickinson, M. Molecular Plant Pathology. 2003.
Categoría:Basidiomicetos Categoría:Fitopatoloxía