Peseta de 1937 "1 Peseta "Rubia"". Numista.com280x280pxA/: cabeza feminina alegórica de Hispania cara á esquerda. Lenda: REPVBLICA ESPAÑOLA.R/: talo de videira e acio de uvas; valor facial; data no exergo. Valor: 1 peseta. Data de emisión: 1937. Período: II República Española. Ceca: FNMT: Factoría C (Castelló de la Plana). Tiraxe: 50.000.000 exemplares. Aliaxe: Latón. Diámetro: 23 mm. Grosor: 1,2 mm. Peso: 5,00 g. Canto: estriado.

A peseta de 1937 é a primeira moeda española co valor facial dunha peseta emitida con carácter fiduciario,​ é dicir, cuxo valor non se apoia no valor dun metal precioso, xa que as anteriores foran cuñadas en prata.Feria, R. (2013).

A produción desta moeda, emitida unicamente en 1937, foi de 50 millóns de exemplares.

Caracterización No seu anverso amósase unha aparece unha imaxe alegórica​ representada por unha muller nova con cabelo longo; non se trata da República, que noutras moedas adoita ir toucada co barrete frixio,Feria, R. (2013). Páxina 79.Moreno Vega, A.; Jiménez Álvarez, L. (2011). senón de Hispania. Á súa esquerda lese a lenda REPVBLICA ESPAÑOLA.

O seu reverso está caracterizado por un talo e unha folla de vide, e un acio de uvas, xunto co valor facial da moeda (1 PESETA) e abaixo a data de 1937.

Na tradición numismática e popular española, esta moeda comezou a coñecerse axiña como peseta rubia, en alusión á muller loira que nela se representa con cabelo dourado e en contraposición coa cor prateada das pesetas ata a época. Tamén se dixo ironicamente que esta moeda representaba "os tres motivos de perdición do home": o diñeiro, as mulleres e o viño.

Historia En novembro de 1936, por mor da guerra civil, o Goberno da República Española trasladouse de Madrid a Valencia, do mesmo modo que o fixo o Consello do Banco de España e a dirección da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). As moedas dunha peseta de 1937 foron cuñadas sobre discos de latón elaborados anteriormente en Madrid, na denominada Factoría A​ da FNMT. A cuñaxe produciuse na Factoría C, establecida na cidade de Castelló de la Plana, que tamén producía billetes e material de guerra —había tamén unha Factoría B, en Valencia, dedicada só á impresión dos billetes—.Aceña, P. M. (2006). Páxina 340.

O inicio da guerra civil levou consigo o acaparamento das moedas de prata en circulación por parte da poboación, debido a que o seu valor intrínseco superaba o seu valor nominal.​ Por outra banda, o níquel e o cobre eran necesarios como materia prima nas fábricas de munición, o que levou as autoridades republicanas a cuñar novas moedas de valores inferiores ou iguais a peseta nunha aliaxe ata daquela inédita: o latón.

A emisión destas moedas decretouse o 19 de marzo de 1937, aínda que a súa distribución polo territorio foi moi lenta e desigual en función das circunstancias da guerra. Este modelo xa fora ensaiado polo Goberno da República en Madrid, e existen algunhas probas en ferro datadas xa en 1934, aínda que daquela non se chegara a poducir para a circulación.De Santiago Fernández, J. (2000). Páxina 78.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Aceña, P. M. (2006). La economía de la guerra civil. Marcial Pons Historia. ISBN 9788496467330 Corporales Leal, C. (2011). "Moneda y Guerra Civil española: delitos monetarios ". En Ab Initio. Nº Extr. 1. Páxina 169-202. De Santiago Fernández, J. (2000). La Peseta. 130 años de la Historia de España. Madrid. Feria, R. (2013). "1937-2002: principio y fin de la peseta fiduciaria". En VII Jornadas Científicas sobre Documentación Contemporánea (1868-2008). Páxina 73. ISBN 978-84-691-7549-1 Moreno Vega, A.; Jiménez Álvarez, L. (2011). "La peseta del vino". En La Corredera. Nº 65. Páxina 19. ISSN 1575-3255.

Outros artigos

Peseta Lista das moedas de peseta de España Selo-moeda da Segunda República Española

Categoría:Peseta Categoría:Segunda República Española