O accidente do SNCASE Languedoc de Aviaco de 1958 ocorreu o día 4 de decembro de 1958 cando un SNCASE Languedoc de Aviaco esnafrouse na montaña La Rodilla de la Mujer Muerta, na Serra de Guadarrama (La Losa, Segovia), morrendo as 21 persoas que ían a bordo. O avión estaba operando un voo doméstico regular entre o aeroporto de Vigo e o aeroporto de Madrid-Barajas.
Avión O aparello accidentado tratábase dun cuadrimotor francés SNCASE Languedoc con número de serie 28 e rexistro EC-ANR.
Accidente O avión engalou do aeroporto de Vigo ás 15:40 do 4 de decembro de 1958 con destino Madrid. Ás 17:15 instruíuselle aos pilotos que contactasen coa torre de control de Barajas e continuase no nivel de voo 95. Nos seguintes cinco minutos o avión esnafrouse contra a montaña de 1999 metros La Rodilla de la Mujer Muerta, na Serra de Guadarrama (La Losa, Segovia). Os cinco tripulantes e 16 pasaxeiros a bordo morreron. A busca do avión viuse obstaculizada pola severa climatoloxía, con brétema, neve, fortes ventos e chuvia torrencial.21 killed in Spanish air crash". The Times. No. 54328. London. 8 de decembro de 1958. col D, p. 8.
A causa do accidente foi que o piloto voaba demasiado baixo mentres intentaba descender para saír de condicións de formación de xeo. Un erro de navegación puido contribuír a que se producise o sinistro. Un dos falecidos foi o exfutbolista Ramiro Paredes Ramos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Accidentes aéreos en Galicia
Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1958 Categoría:Accidentes aéreos en España Categoría:Accidentes e incidentes de Aviaco