A fenda dixital é calquera distribución desigual no acceso, uso ou impacto das tecnoloxías da información e a comunicación entre grupos sociais. Estes grupos poden definirse con base a criterios de xénero, xeográficos ou xeopolíticos, culturais... Debido ó alto custo das TIC, a súa adopción e utilización é moi desigual en todo o mundo.Caves, R. W. (2004). Encyclopedia of the City. Routledge. p 179.

O termo fenda dixital describe unha fenda de acceso e uso da tecnoloxía da información e da comunicación. Tradicionalmente considerábase unha cuestión principalmente de acceso. Dende 2013, cunha penetración a nivel global de teléfonos móbiles de máis do 95%, a desigualdade relativa exponse entre aqueles que teñen máis e menos ancho de banda e máis ou menos habilidades asociadas.

América Latina converteuse nunha das rexións máis proactivas do mundo en relación coa inclusión da tecnoloxía nos seus sistemas educativos. Estas políticas públicas apuntan a mellorar a inclusión social, a democratización do coñecemento e a redución da fenda dixital.(CEPAL, 2012)

Concepto O concepto de fenda dixital aparece no chamado informe “The Missing Link ”, que se publicou en 1982 pola comisión Maitland. Nas conclusións do informe destacábase a carencia de infraestruturas de telecomunicacións nos países en vías de desenvolvemento, poñendo coma exemplo o teléfono.

O termo procede do inglés "digital divide", utilizado durante a Administración ClintonArenas Ramiro (2011), p. 108 (aínda que a súa autoría non se pode asegurar con total precisión). Mentres que nalgunhas referencias cítase a Simon Moores coma o criador do termo, outros autores, como Hoffman, Novak e Schlosser refírense a Lloyd Morrisett como o primeiro en empregalo para referirse á fractura que se podía producir nos Estados Unidos entre “conectados” e “non conectados”, se non se superaban, mediante investimentos públicos en infraestruturas e axudas á educación, as graves diferenzas entre territorios, razas e etnias, clases e xéneros. En todo caso, durante aquela administración publicáronse unha serie de informes baixo o título Falling through the Net, nos que se deixaba constancia do estado que este fenómeno tiña na sociedade estadounidense a finais dos anos noventa.Hoffman, D.L, Novak, T.P. y Schlosser, A. E. (2001) The evolution of the digital divide: Examining the relationship of race to internet access and usage over time. En Compaine, B. Digital Divide. Cambridge, Massachusetts: The MIT Press

A partir desta orixe algúns autores, en castelán, prefiren o termo "fractura digital"Baigorri, A. (2000), 'La fractura Digital', I Congreso Mundial de Alfabetización Tecnológica, Cáceres; Mattelart, A. (2001). Historia de la Sociedad de la Información. Barcelona: Paidós, p. 163 ou "estratificación digital", por ser moito máis expresivo sobre o que realmente significa.Carracedo Verde, J.D. (2003). "Jerarquías y desigualdades en el diseño de las Sociedades de la Información: Explorando la estratificación digital", p.1 Na tradución a outras linguas romances, coma o francés, tamén se optou polo termo de "fracture". Non obstante, a meirande parte dos autores hispanos decántase polo de "fenda", máis suave e politicamente correcto. Algunhas outras expresións que foron usadas para referirse á fenda dixital son "divisoria dixital",Castells (2001), p. 275 "brecha inforcomunicacional"Ford (2002), p. 115 e "abismo dixital".Crovi (2002), pp. 19, 20, 22 e ss.

Outros autores estenden o alcance da fenda dixital para explicala tamén en función do que se denominou analfabetismo dixital, que consiste na escasa habilidade ou competencia dun gran sector da poboación, especialmente entre aqueles nados antes da década de 1960, para manexar as ferramentas tecnolóxicas de computación e cuxo acceso aos servizos de Internet é polo tanto moi escaso.

Segundo os estudos realizados por Eurostat, a fenda dixital fai referencia á “distinción entre aqueles que teñen acceso a Internet e poden facer uso dos novos servizos ofrecidos pola World Wide Web, e aqueles que están excluídos destes servizos”. Trátase dunha separación entre as persoas segundo a súa capacidade para utilizar as Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de forma eficaz e aquelas que non teñen acceso ás mesmas, ou téndoo, non saben utilizalas.

Distínguense dous aspectos diferenciais, os que son habitualmente denominados como fenda dixital de primeira e segunda orde (ou primeira e segunda fenda dixital). No primeiro caso, faise referencia ás desigualdades no acceso, en tanto a segunda fenda está vinculada ó coñecemento e aos usos en relación coas Tics (Gómez e Ospina 2002; Proenza, F. 2012; Finkelievich e Prince, 2007, Rivoir 2010). Aínda que a variable xeracional impacta notablemente na fenda dixital, múltiples causas explican estas desigualdades. Variables como xénero, localización territorial, nivel de ingresos, etnia, entre outras, contribúen de maneira relevante á existencia e profundización de ambas as dúas fendas.

A fenda dixital non só refírese ao acceso as TIC, senón que tamén o acceso a ela, neste sentido implica:

Infraestrutura: Debe existir unha infraestrutura de telecomunicacións e redes Accesibilidade: Debe existir a posibilidade de acceder os servizos que ofrece a tecnoloxía. Formación: Posuír habilidades e coñecementos para facer uso da tecnoloxía.

Aspectos teóricos Algúns dos primeiros autores que abordaron o problema da fenda dixital dende unha aproximación sistemática e socialmente profunda foron Herbert SchillerSchiller, H. I. (1996). Information inequety. NovaYork: Routledge. ISBN 0415907659 e William Wresch.Wresh, W. (1996). Disconnected. Haves and have-nots in the information age. New Brunswick, Nova Jersey: Rutgers University Press. ISBN 9780813523699 De maneira xeral, estes autores expoñían a necesidade de incluír tódolos sectores da poboación no acceso á información dispoñible a través das novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como das posibles vantaxes derivadas de tal acceso. Para Pippa Norris, trátase dun fenómeno que implica tres aspectos principais: a fenda global (que se presenta entre distintos países), a fenda social (que ocorre no interior dunha nación) e a fenda democrática (que se refire á que existe entre quen participan e quen non participan dos asuntos públicos en liña).Norris, P. (2001). Digital divide. Civil engagement, information poverty and the Internet world wide. Cambridge, Massachusetts: Cambridge University Press. ISBN 9780521002233

Outra corrente de investigadores centráronse en aspectos cuantitativos da fenda dixital, destacando as diferenzas estatísticas no acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación, segundo un extenso abanico de variables socio-demográficas entre as que destacan o sexo, a idade, o nivel de ingresos, a escolaridade, a raza e o lugar de residencia.Arquette, Toby J. (2001). "Assesing the Digital Divide: Epirical analysis of a meta-analytic framework for assesing the current state of information and communication system development". Simposium da International Association of Mass Communication Research e a International Communication Association Symposium sobre Fenda Digital, 15-17 de novembro, Austin, Texas.

Un dos aspectos máis recentes que foi analizado sobre a fenda dixital, ten que ver non soamente co acceso a Internet, senón coa calidade de dito acceso e a dispoñibilidade de conexións de banda ancha que permitan acceder ó contido multimedia en tempos e custos adecuados ó contexto dos usuarios.Serrano & Martínez (2002), p. 16

De forma específica, o investigador neerlandés Jan A.G.M. van Dijck identifica catro dimensións no acceso: a motivación para acceder; o acceso material; as competencias para o acceso; e o acceso para usos avanzados (ou máis sofisticados). Expón que a fenda dixital está en constante evolución, dado o rexurdir de novos usos tecnolóxicos, que son apropiados máis rapidamente por aqueles que teñen o acceso de forma máis permanente e de mellor calidade, determinado polo ancho de banda.Pinto Arboleda (xaneiro-xuño 2014), p. 101

A fenda dixital segundo Serrano e Martínez (2003) citado pola OEI (2014) defínese como: "A separación que existe entre as persoas (comunidades, estados, países ...) que utilizan as Tecnoloxías da Información e a comunicación (TIC) coma unha parte rutineira da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso ás mesmas e que, aínda que as teñan non saben coma utilizalas".Lugo & López e Toranzo (2014) De acordo con Eurostat, a fenda dixital fai referencia á "distinción entre aqueles que teñen acceso a Internet e poden facer uso dos novos servizos ofrecidos pola World Wide Web, e aqueles que están excluídos destes servizos".miniatura|Editatón de xénero e fenda dixital realizada en IIPE UNESCO (2015).

Contexto da sociedade da información Con ocasión do Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información (CMSI) os principais grupos da sociedade civil deron vida á campaña CRIS (Communication Rights in the Information Society; en galego, Dereitos de Comunicación na Sociedade da Información), co obxectivo de infundir a axenda do Cumio con cuestións relacionadas cos medios de goberno e dereitos á comunicación.

Na CRIS salientouse a función das novas tecnoloxías coma ferramentas de comunicación de valores comúns entre grupos, individuos e organizacións sociais, criticando unha xustificación instrumental das tecnoloxías vistas principalmente coma un fin, máis que coma un medio para impulsar un cambio social, unha visión instrumental que non considera nin as barreiras culturais e lingüísticas, nin as relacións de dependencia e subordinación técnica, económica e política entre do Norte e do Sur do Mundo.

A inclusión dixital, sostén este sector da sociedade civil, hai que pensala como un asunto colectivo, non individual, onde os beneficios sociais hai que velos en relación aos que se xeran para as comunidades, organizacións, familias e grupos que sacan proveito das tecnoloxías, aínda que non teñan acceso a estas. A eficacia das políticas de inclusión dixital dependerán das posibilidades de integración do coñecemento nos propios obxectivos dos seus beneficiarios, considerando que non existe un só modelo, senón moitas posibles sociedades da información e da comunicación adaptadas segundo as diferentes necesidades e obxectivos individuais e comúns dun planeta para nada homoxéneo.

Segundo a Organización Mundial do Comercio (OMC), as novas oportunidades tecnolóxicas (e do libre comercio a escala global) serán o motor dunha "terceira revolución industrial". Grazas as TIC, poderanse anular as fendas de pobreza e falta de recursos existentes, confrontándose no campo da economía, das transformacións políticas e sociais, da identidade, na cultura e no poder, modelando novas relacións a escala global.

A través do comercio electrónico e dos e-servizos, da redución dos custos de conexión, mellorando a eficiencia dos gobernos e servizos públicos e favorecendo o rol do sector privado, crearase unha "contorna favorable" para lograr a redución das desigualdades entre fóra e dentro dos Estados, sempre segundo a OMC.

Algúns autores críticosCrovi (2004)Islas & Gutiérrez (2005) sinalaron que, se nas grandes axendas internacionais se salientan os grandes beneficios que as Novas Tecnoloxías poden ter para os países do Sur, o que até agora se identifica coa Sociedade da Información móstrase coma unha invención das necesidades da globalización, vista como un fenómeno neoliberal; un desenvolvemento que non ten en conta as necesidades dun Sur, que se atopa na parte equivocada da fenda dixital. Segundo esta visión, son os países do Norte os principais propietarios e beneficiarios da World Wide Web, así coma da industria do hardware, do software e da produción dos contidos, o 70% en inglés. O Sur permanece excluído, e con iso aumentan as diferenzas sociais rexionais, e imponse un modelo de desenvolvemento "dende o Norte", ao seu xeito.