Vladislav Nikolaievich Volkov, nado en Moscova (Rusia) o 23 de novembro de 1935 e finado o 30 de xuño de 1971, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 7 e Soiuz 11, falecendo na reentrada atmosférica desta última.

Traxectoria Volkov, formado como enxeñeiro, traballou na oficina de deseño de Koroliov, axudando a desenvolver as naves Vostok e Voskhod. Como cosmonauta participou nas misións Soiuz 7 e 11, falecendo durante esta última, xunto co resto da tripulación, debido á despresurización da cápsula durante a reentrada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 7 Soiuz 11

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Finados na exploración espacial