North Uist (en ) é unha illa das Hébridas Exteriores.

Xeografía Está unida a Benbecula vía Grimsay, a Berneray, e a Baleshare. A excepción do sueste, a illa é moi plana e maioritariamente cuberta de auga. Algúns dos pequenos lagos teñen mestura de auga doce e auga salgada.

North Uist é a décima illa máis grande de Escocia e a décimo terceira de Gran Bretaña (excluída Irlanda). A súa superficie é de 117 millas cadradas, algo máis pequena que South Uist.

A illa é coñecida pola súa ornitoloxía, razón pola cal hai unha reserva natural en Balranald.

Poboación Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de 1.657 habitantes.

Localidades A poboación máis grande é Lochmaddy, un porto de pesca e onde hai un museo, un centro artístico e unha cámara escura. Outras poboacións inclúen Carinish, Port nan Long, Scolpaig e Chorùna ou Corùna. Megalitismo

North Uist ten multitude de estruturas prehistóricas, entre as que se inclúen as tumbas de Barpa Langass, o círculo de pedras Pobull Fhinn e os menhires de Fir Bhreige.

Deporte A illa tamén é coñecida polo seu club atlético (North Uist Amateur Athletics Club), que fomenta as competicións atléticas a nivel local.

Música Dòhmnall Ruadh Chorùna (1887-1967) foi un dos grandes bardos escoceses do século XX, músico e poeta que recibe o seu nome da pequena aldea de Chorùna, chamada así pola Coruña galega e as historias da batalla de Elviña, na que combateu xente de North Uist.

A cantante Julie Fowlis naceu en Uibhist a Tuath, e canta maiormente cancións folclóricas da illa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Balranald Reserva Natural Taigh Chearsabhagh Centro Uist .

Categoría:Illas Hébridas exteriores Categoría:Illas de Escocia