miniatura|dereita|Anxo Rei durante unha actuación. Ángel Rey Núñez, máis coñecido como Anxo Rei, nado en Rubiá o 16 de febreiro de 1957, é un cantautor galego.
Traxectoria Leva máis de corenta anos cantando e compoñendo cancións, con letras propias e con poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar, Darío Xohán Cabana, Xosé Rodríguez Ferrer ou Florencio Delgado Gurriarán. Con versos deste último gravou en 2003 Fronteira de cegoñas, o seu primeiro disco
A súa discografía complétase con A rabela da pluma (2006) con poemas de Antón Tovar; Ao son da auga (2009); O año pitaño (2012), para público infantil; Rosa (2016), dedicado á súa compañeira e producido polo músico valdeorrés Jorge Fernández Ojea, que tamén lle fixo os arranxos. Finalmente participou no disco colectivo Poesía Galega en Música (2015). No ano 2012 presentou no Barco, na XII edición da Festa do Botelo, unha canción dedicada ao botelo, embutido moi apreciado na comarca valdeorresa.
Anxo Rei traballou como celador no Servizo Galego de Saúde ata a súa xubilación. Ten participado en numerosos festivais e ofrecido recitais en localidades de toda Galicia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://www.osil.info/anxo-rei-presenta-o-seu-novo-disco-rosa-un-tributo-sua-dona-e-musa/ https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/cantautor-rubia-anxo-rei-graba-disco-ninos/20120217084023191089.html?webview=1 https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/anxo-rei-pondra-musica-abrazos-nos-quito-covid/202102072053141004744.html http://festadobotelo.es/gl/a-cancion-do-botelo https://ezajodewit.jimdofree.com/comezo/anxo-rei/
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en Rubiá Categoría:Nados en 1957