Coregonus lavaretus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus,Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 7 de marzo de 2022.Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 7 de marzo de 2022.Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) no BioLib. Consultado o 7 de marzo de 2022. do que é a súa especie tipo.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo lavaretus.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos: Coregonus dispersus cognatus Fatio, 1885 Coregonus lavaretus lavaretus (Linnaeus, 1758) Coregonus lavaretus maraenoides Berg, 1916 Coregonus polcur brachymystax Smitt, 1883 Coregonus rondeletii Valenciennes, 1848 Salmo lavaretus Linnaeus, 1758 (protónimo)
Características miniatura|240px|Nun acuario
Hai moitas diferenzas entre as diversas formas de Coregonus pero, en xeral, teñen un corpo afilado, un maxilar superior lixeiramente sobresaínte e unha aleta dorsal carnosa, típica dos salmónidos.O fociño é curto e afiado, feito que distingue a esta especie das outras dúas especies de Coregonus do norte de Europa, Coregonus albula e Coregonus peled. O primeiro ten un maxilar inferior protuberante, mentres que, no segundo, ambos os maxilares teñen a mesma lonxitude.O dorso de Coregonus lavaretus é de cor verde azulada ou apardazada, os flancos son prateados e o ventre branco. As aletas son de cor gris escura. Raramente alcanza máis de 55 cm de longo ou supera os 2 kg de peso.Whitefish. Coregonus lavaretus en NatureGate. . Consultado o 9 de marzo de 2022.
Bioloxía Endémico dos lagos Bourget e de Aiguebelette, na conca do río Ródano, en Francia, hai tempo tamén se encontraba no lago Léman.
Coregonus lavaretus aliméntase principalmente de invertebrados que habitan no fondo, ou de zooplancto. Os espécimes máis grandes tamén consomen insectos que viven na superficie da auga e de alevíns. A reprodución realízase no outono, entre setembro e novembro, dependendo en gran medida da temperatura da auga.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que especie extinguiuse no lago Léman a principios do século XX e, aínda que non hai ameazas actuais nin futuras para a especie nos pequenos lagos Bourget e Aiguebelette, pero que a introdución de coregónidos alóctonos é unha ameaza potencial, cualifica o seu status como VU (vulnerábel).Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Coregonus lavaretus na Lista vermella da UICN. Verisón 2021-3. Consultada o 7 de marzo de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Coregoninos Coregonus
Categoría:Coregonus Categoría:Taxons descritos por Linné