María José Ulla Madroñero, nada na Coruña o 6 de xuño de 1945 e finada en Madrid o 30 de xaneiro de 2022, foi unha modelo, Miss España (1964) e empresaria galega.

Traxectoria O seu pai era de Consuegra (Toledo). Foi elixida Miss España en 1964 en Madrid. O evento, que contou con vinte e dúas participantes, celebrouse no Teatro Cervantes de Málaga o 9 de maio de 1964. Entre os organizadores do evento estaba o seu futuro esposo, o xornalista José Antonio Plaza, con quen casou cinco anos despois. Tiveron unha filla chamada Carmen.

Participou nas seleccións de Miss Mundo (Londres, 14 de novembro de 1964) onde conseguiu ser Top 15 e Miss Universo (Miami Beach, 1 de agosto de 1964), onde non conseguiu clasificarse. Posteriormente dedicouse á música, sendo unha das fundadoras do primeiro conxunto músico vocal feminino de España, "Las chic", xunto a Ángela Escribano, Isabel Anger e a dinamarquesa Doris Ken. Foi tamén unha empresaria de éxito no sector audiovisual.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2022 Categoría:Gañadoras de Miss España Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia