Joaquín Calderón Ozores, IV conde de San Juan, nado na Coruña o 19 de novembro de 1866 e finado en Madrid o 21 de marzo de 1953, foi un militar e político galego.
Traxectoria Terceiro fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría, foi destinado a Vigo a finais de xaneiro de 1906. Rematou a carreira militar como coronel de Artillaría. Membro do Partido Conservador. Foi elixido deputado pola Coruña nas eleccións de 1914. Foi elixido senador pola provincia de Ourense nas eleccións de 1918 e 1919. Finou en Madrid o 21 de marzo de 1953.ABC, 28-3-1953, p. 16.
Vida persoal
Casou en 1899 con Dolores Bárcena de Andrés-García, filla de Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira,El Correo Gallego, 20-6-1899, p. 2. e foi pai de María del Carmen Calderón Bárcena, que casou con Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1953