Elena Medel Navarro, nada en Córdoba o 29 de abril de 1985, é unha poeta, novelista, crítica literaria e editora española. Dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia. En 2020, publicou a súa primeira novela, Las maravillas, gañadora do Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano e considerado como un dos mellores libros en castelán de 2020 segundo os críticos de ABC cultural e que foi traducida a nove idiomas.

Traxectoria Naceu en Córdoba e estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Córdoba. Empezou a cultivar desde pequena a narrativa e coñecer a obra de Federico García Lorca inspirouna aos 11 anos a empezar a escribir poesía, explica nas súas entrevistas.

Logrou o premio Andalucía Joven concedido polo Instituto Andaluz de la Juventud e en 2006 obtivo unha bolsa  do Concello de Madrid na Residencia de Estudiantes.

Publicou diversos poemarios, entre os que destacan Mi primer bikini (DVD, 2002), co que gañou o premio Andalucía Joven, Tara (2006) e Chatterton (Visor, 2014), que obtivo o premio Loewe na categoría de Creación Joven en 2013.RUIZ MATEO, Emilio: «Antonio Lucas y Elena Medel, Premio Loewe», Estandarte, 13 de novembro de 2013. Tamén é autora dos cadernos Vacaciones (2004) e Un soplo en el corazón (2007).

Tamén dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia.

Os seus poemas foron traducidos ao alemán, árabe, armenio, esloveno, éuscaro, francés, inglés, italiano, polaco, portugués, romanés, sueco e suahili.

A súa obra aparece en numerosos recontos da poesía dos anos 20 do século XXI. Tamén narradora, os seus contos aparecen en diversas antoloxías.

En 2018 publicou Todo lo que hay que saber sobre poesía, un libro no que nos acerca de forma entretida e didáctica á poesía, incluída a súa historia.

Dous anos despois, en 2020 publica Las maravillas, a súa primeira novela, na que expón o peso do diñeiro na vida das persoas, a precariedade e a pesar diso a esperanza.

Obras

Poesía

Mi primer bikini (Premio Andalucía Joven 2001; Barcelona, DVD, 2002). 64 páxinas, ISBN 84-95007-65-7 Vacaciones (Almería, El Gaviero Ediciones , 2004). 32 páxinas, ISBN 84-933751-1-X. Tara (Barcelona, DVD, 2006). 80 páxinas, ISBN 84-96328-50-4. Un soplo en el corazón (Logroño-La Rioja, Ediciones del 4 de agosto - Colección Planeta Clandestino # 47, 2007). 24 páxinas. Viñeta de Odón Serón. ISBN 84-96686-36-6. Caderno inspirado no álbum Un Soplo En El Corazón (1993) do grupo donostiarra Family. Chatterton (XXVI Premio Loewe a la Creación Joven; Madrid, Visor, 2014). 52 páxinas, ISBN 978-84-9895-864-5 Un día negro en una casa de mentira (1998-2014) (Madrid, Visor, 2015). 230 páxinas, ISBN 978-84-9895-899-7

Novela

miniatura|Con Natalia Litvinova na Libraría Paz de Pontevedra en maio de 2022Las maravillas. (Anagrama, 2020).

Ensaio

El mundo mago. Cómo vivir con Antonio Machado (Barcelona, Ariel, 2015). 248 páxinas, ISBN 978-84-344-2235-3 Todo lo que hay que saber sobre poesía (Barcelona, Ariel, 2018)

Inclusións en antoloxías de poesía

Inéditos: once poetas (ed. Ignacio Elguero; Madrid, Huerga y Fierro, 2002). 192 páxinas, ISBN 84-8374-305-1. Veinticinco poetas españoles jóvenes (ed. Ariadna G. García, Guillermo López Gallego e Álvaro Tato; Madrid, Hiperión, 2003). 480 páxinas, ISBN 84-7517-778-6. La lógica de Orfeo (ed. Luis Antonio de Villena; Madrid, Visor, 2003). 339 páxinas, ISBN 84-7522-926-3. Edad presente: poesía cordobesa para el siglo XXI (ed. Javier Lostalé; Sevilla, Fundación José Manuel Lara, 2003). 272 páxinas, ISBN 84-96152-09-X. Poetisas españolas (ed. Luzmaría Jiménez Faro; Madrid, Torremozas, 2003). ISBN 84-7839-287-4. Ilimitada voz: antología de poetas 1940-2002 (ed. José María Balcells; Cádiz, Universidad, 2003). 456 páxinas, ISBN 84-7786-800-X. Andalucía poesía joven (ed. Guillermo Ruiz Villagordo; Córdoba, Plurabelle, 2004). 256 páxinas, ISBN 84-933871-0-X. Radio Varsovia. Muestra de poesía joven cordobesa (Córdoba, La Bella Varsovia, 2004). 132 páxinas, ISBN 84-609-2361-4. Que la fuerza te acompañe (Almería, El Gaviero, 2005). 102 páxinas, ISBN 84-934411-0-4. Tres tiempos, seis voces (Madrid, Torremozas, 2006). 88 páxinas, ISBN 84-7839-360-9. Hilanderas (Madrid, Amargord, 2006). 358 páxinas, ISBN 84-87302-24-6. Aquí y ahora (ed. Lara Moreno, Sevilla, Igriega Movimiento Cultural, 2008). 196 páxinas, ISBN 978-84-612-2486-9 Antología del beso, poesía última española, de Julio César Jiménez (Mitad doble ediciones, 2009). 133 páxinas, ISBN 978-84-613-0665-7. y para qué + POETAS. Herederos y precursores. Poesía andaluza≤ n. 1970, de Raúl Díaz Rosales e Julio César Jiménez, (Eppur ediciones, Málaga 2010). ISBN 978-84-937100-5-7. El canon abierto. Última poesía en español (1970-1985), de Remedios Sánchez García e Anthony L. Geits, (Madrid, Visor, 2015). 498 páxinas, ISBN 978-84-9895-908-6

Relato

VV.AA., Matar en Barcelona (antoloxía de relatos), Alpha Decay, Barcelona, 2009. Bleak House Inn. Diez huéspedes en casa de Dickens. Contos de Pilar Adón, Elia Barceló, Oscar Esquivias, Marc Gual, César Mallorquí, Ismael Martínez Biurrun, Elena Medel, Francesc Miralles, Daniel Sánchez Pardos e Marian Womack. Edición e epílogo de Care Santos. Madrid: Fábulas de Albión, 2012

Conto

La princesita, Montena, 2019, ISBN 978-84-17460-57-0

Crítica

Todo un placer: antología de relatos eróticos femeninos (Córdoba, Berenice, 2005). 187 páxinas, ISBN 84-934466-1-0. Epílogo de Blues Castellano, de Antonio Gamoneda (Madrid, Bartleby, 2007). 81 páxinas, ISBN 84-95408-64-3. Inclusión no caderno Por dónde camina la poesía española. Revista Letra internacional 98. Número 98. Primavera do 2008. Fundación Pablo Iglesias, «Sueños, fantasía, memoria» artigo sobre a película My dad is 100 Years Old de Guy Maddin en Elegías íntimas. Instantáneas de cineastas. Hilario J. Rodríguez (editor). Madrid: Documenta Madrid, Festival Internacional de documentais de Madrid- Ocho y Medio, 2008.

Premios e recoñecementos

2020: Premio Francisco Umbral ó Libro do Ano 2020 pola novela Las maravilla'.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Elena Medel y Virginia Woolf, juntas en una habitación propia Día Internacional de la Mujer: la poesía por ellas. (2018) Páxina web de Elena Medel Poemas de Elena Medel Recensión sobre Vacaciones en Minotauro digital Recensión sobre Tara no suplemento El Cultural de El Mundo Recensión sobre Tara no suplemento Babelia de El País

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Feministas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Andalucía