miniatura| raffiti enxertado #19, 1979, estampado vintage prata 40x30 cm miniatura| Graffiti vermello #11, 1984, impresión en papel vintage de Michel Fresson 30 x 30 cm miniatura| Xoguetes #08, 1984, impresión vintage en papel Michel Fresson 30 x 30 cm miniatura| La montagne s'ombre #09, 2005, Impresión fotográfica Rag Hahnemühle 107 x 160 cm miniatura| 304 Sacred Site, Namibia, 2007, impresión en papel fotográfico Rag Hahnemühle, 40 x 60 cm miniatura|Les cavaliers du diable #60, 2013, papel Photo Rag Hahnemühle, 42 x 73 cm miniatura| Glaciers #001, Rhonegletscher, 2015, Impresión fotográfica Rag Hahnemühle, 60 x 80 cm Jacques Pugin, nado en Riaz o 20 de maio de 1954, é un fotógrafo e artista visual suízo. É un dos primeiros fotógrafos en empregar a técnica do Light painting na segunda metade do século XX, após as primeiras experiencias de artistas como Man Ray.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Aos 18 anos, Jacques Pugin trasladouse a Zürich para converterse en fotógrafo, contra o desexo do seu pai.

Suzanne Abelin, que dirixe a Galerie 38, unha das primeiras galerías de Suíza dedicadas á fotografía, organizou a súa primeira exposición persoal en 1977.

Abriu o seu primeiro estudio en 1978 en Xenebra. Viaxou a Grecia, onde realizou traballos fotográficos que lle permitiron obter unha bolsa federal de Artes Aplicadas (Suíza) en 1979.

Light painting O fisiograma ou light painting consiste en obter durante a toma fotográfica as trazas luminosas debidas ben á exposición directa do sensor á fonte de luz, ben aos obxectos iluminados. Jacques Pugin intervén nas súas imaxes durante a rodaxe ou a posteriori a través das diferentes técnicas: debuxo, pintura, ferramentas dixitais... Elaborou unha serie titulada Graffiti greffés (1978–1979) utilizando a luz como un lapis que lle permitiu debuxar dentro do propio proceso fotográfico (Light Painting). Obtivo tres anos consecutivos a Bourse fédérale des Beaux-arts (na Suíza) en 1980, 1981 e 1982.

En 1983, continuou con Graffiti rouges, investigando a partir de entón a cor coa técnica do fisiograma e utilizando elementos flotando sobre a auga ou o vento.

En 1984, produciu a serie Les jouets (os xoguetes). Nesta serie os trazos luminosos subliñan e enganchan corpos e xoguetes que conviven na imaxe. Esta obra entrou na colección do Centro Georges Pompidou de París e na colección de M. et M. Auer que as publicou no libro «Une histoire de la photographie» en 2003.

En 1985, durante a Trienal de Friburgo en Suíza, Polaroid proporcionoulle unha cámara de 50×60 cm coa que produciu a serie Les Polaroids, que pasou a formar parte da colección homónima. Ingresou na Enciclopedia Internacional de Fotógrafos, dende 1939 até a actualidade,Encyclopédie internationale des photographes de 1839 à nos jours, édition Camera Obscura MM. Auer, 1985 edicións Camera obscura.

Na década de 1990, Jacques Pugin tamén se interesou polas imaxes de fontes de vídeo que deron lugar a unha serie de fotografías titulada La Montagne Bleue (A Montaña Azul) (1995-1998) e a un libro homónimo, cun texto de Jean- Michael Olivier. Nesa obra combinou tanto ferramentas informáticas como lapis de cores, para un resultado pictórico a medio camiño entre a fotografía e a pintura.

Despois produciu series completas sobre o tema da vexetación.

Na década dos 2000, realizou numerosas viaxes polo mundo, e en particular polos desertos de África, a India e América Latina para unha obra titulada Sacred Sites (2002 en adiante), apoiada cunha subvención da Fundación Leenaards.

Tamén se dedicou desde 2005 ao seu traballo sobre a paisaxe de montaña, La Montagne s'ombre (2005–2013).

Les Cavaliers du Diable (jenjawids, os xinetes do diaño) De 2008 a 2013, Jacques Pugin optou por primeira vez por traballar non nas súas imaxes, senón utilizando fotos de satélite tomadas de Google Earth para destacar as cicatrices do conflito en Darfur. Estes rastros son as cinzas das casas destruídas, queimadas, dos abusos perpetuados polos jenjawids, "os xinetes do demo", que fixeron desaparecer 300 000 seres humanos. Jacques Pugin, eliminando as cores e invertendo as imaxes negativas, inventou unha nova forma de mostrar a guerra.

Entre 2015 e 2017, Jacques Pugin sobrevoou os glaciares vítimas do quecemento global. Quería ser testemuña, tentando demostrar que o rastro do home aínda non estaba lonxe.

Bolsas

1979 Bourse fédérale des Arts Appliqués, Suíza 1980-1981-1982 Bourse fédérale des Beaux Arts, Prix suisses d'art, Suíza 1980 Bourse de la Ville de Genève «Lissignol-Chevalier», Suíza 1981 Bourse de la Ville de Genève «Berthoud», Suíza 2001 Bourse de la Fondation Leenaards, Lausanne, Suíza

Coleccións

Coleccións da Biblioteca Nacional, París, Francia Cabinet des Estampes, Xenebra, Suíza Fondation suisse pour la photographie (Fundación Suíza de Fotografía), Fotostiftung Schweiz, Winterthur, Suíza Elysée Museum, Lausanne, Suíza Fondo Municipal de Arte Contemporánea de Xenebra (FMAC), Suíza. Fondo Cantonal de Arte Contemporánea de Xenebra, (FCAC), Suíza. The Polaroid Collection, Cambridge (Estados Unidos), Museo Réattu, Colección de fotografías do festival internacional dos Rencontres d'Arles, Arles, Francia Colección do Museo Nicephore Niepce en Châlon-sur-Saône, Francia Goro International Press, Tokyo, Xapón Museo de Arte e Historia de Friburgo, Suíza. Colección de M+M Auer, Hermance, Suíza. Colección André L'Huillier, Xenebra, Suíza. Colección fotográfica da cidade de Montpellier, Francia Colección Bernard Arnault, Francia Colección Chopard, Suíza Centro de Fotografía, Xenebra, Suíza Colección do Gotthard Bank, Lugano, Suíza Colección do Centre Georges-Pompidou, París, Francia Colección do Banco Julius Baer, Suíza e coleccións privadas. Colección do Musée Gruérien, Bulle, Suíza

Exposicións persoais (selección)

2021 Gallerie Esther Woerdehoff, Xenebra, Suíza 2020 «Trace·humance, Cheminement photographique», Museo Gruérien en Friburgo, Suíza 2017 Glaciares, Galería Krisal, Carouge/Xenebra, 2017 La montagne s’ombre, Galería de arte Heinz Julen, Zermatt, Suíza Festival Internacional de Cine de Montaña Autrans 2016, exposición da serie “Glaciers», Autrans, Francia 2015 Como parte de Le mois de la photo à Montréal, a exposición "Les cavaliers du diable", LA CONDITION POST-PHOTOGRAPHIQUE, comisario Joan Fontcuberta, Canadá 2015 Como parte de Photofolies na galería Sainte Catherine, a exposición "Les cavaliers du diable" e a exposición "Graffiti graftés", Rodez, Francia 2014 Getxophoto 2014, Getxo, País Vasco 2010 Galería Kowasa, Barcelona 2009 Elysée Museum, Lausanne 2006 Krisal Gallery, "Le Montagne s'ombre", Carouge-Xenebra 2004 Galerie Chambre Claire, "Le Montagne Bleue" e "Sacred sites" Annecy, Francia 2002 Krisal Gallery, «Les déserts» Carouge-Xenebra 2000 PasquArt Biel Photoforum, Biel, Suíza 1999 Galerie Fischlin, "Traversée du désir", Nyon, Suíza 1993 Photoforum Pasquart, Biel, Suíza 1990/91 Centro de fotografía de Xenebra, Suíza 1990 Galería SPECTRUM, Zaragoza, España 1988 Palais des Congrès et de la Culture, como parte do festival da imaxe da cidade de Le Mans, Francia 1987 Elysée Museum, Lausanne, 1984 Maison de la Culture de Rennes, Rennes, Francia 1984 Galerie Espace UN, Xenebra 1983 Canon Gallery, Ámsterdam, Países Baixos 1983 Viviane Esders Gallery, París 1982 Galería Suzanne Kupfer, Biel, Suíza 1981 Galería Viviane Esders, París, 1980 Galería Edwind Engelberts, Xenebra 1977 Gallery 38, Zürich, Suíza

Libros / Catálogos

2020 Libro Trace·humance, coeditado polo Musée Gruérien de Bulle e Sturm & Drang Publishers. 2014 Libro "Les cavaliers du diable", prefacio de Christian Caujolle. 2014 Libro "La montagne s'ombre", cun texto de Daniel Girardin, conservador do Musée de L'Élysée de Lausana. 2006 Libro - cofre, 36 fotografías de Jacques Pugin, acompañadas dun texto de Daniel Girardin 1998 Libro "La montagne bleue", cun texto de Jean-Michel Olivier, Colección Photoarchives 10, Ides et Calendes, Neuchâtel, Suíza. 1990 Catálogo "Jacques Pugin" SPAS Locarno, Suíza 1990 Catálogo "Trace dans le monde physique" Centre de la Photographie, Xenebra 1983 Catálogo, Galería Oltre, Suíza 1982 Catálogo “Space-Line” Canon Gallery 1980 Portfolios “Grafted graffiti I”, “Grafted graffiti II” e “Cinq mètres" Galerie E. Engelberts, Xenebra 1979 Catálogo “Grafted graffiti” Galerie E. Engelberts

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial de Jacques Pugin Jacques Pugin: Light Painting Photography, 1979 Ressource: Collection du Centre Pompidou Scènes Magazine - Feuilleton littéraire. Jacques Pugin L'Œil de la Photographie - Les cavaliers du diable par Christian Caujolle, Getxo Photo 2014. Jacques Pugin L'Œil de la Photographie - Les cavaliers du diable et Sacred Site par Christian Caujolle, Galerie Esther Woerdehoff 2015. Jacques Pugin

Categoría:Fotógrafos de Suíza Categoría:Artistas de Suíza Categoría:Nados no cantón de Friburgo Categoría:Nados en 1954