A Paicega é un lugar da parroquia de Pezós no concello de Pezós que se localiza no occidente de Asturias. Situado a 594 metros sobre o nivel do mar, a aldea localízase a 6 km da vila, e capital do concello, de Pezós e en 2021 estaba deshabitado.

Historia O lugar edificouse a mediados do século XX para acoller os traballadores que construíron o encoro de Salime. As vivendas e outras instalacións están abandonadas logo do remate das obras do encoro en 1955 pero moitas aínda están en pé. Salienta a capela, de gran tamaño, algúns barracones, restos do teleférico e instalacións eléctricas. Na aldea hai un miradoiro dende o que se ve boa parte do curso medio do río Navia.

Notas

Categoría:Lugares de Pezós