Jay Withington Johnson, nado en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943 e finado en Bristow, Virxinia, o 17 de outubro de 2009, foi un político e xornalista estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Wisconsin de 1997 a 1999, e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2000 e 2001."Johnson, Jay W. 1943-2009". Biographical Directory of the United States Congress.
Tamén presentou os informativos nas canles WFRV-TV e WLUK-TV en Green Bay, Wisconsin.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Johnson naceu en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943, e cursou o seu ensino secundario na Bessemer High School. Posteriormente acadou un grao técnico en Locución no Gogebic Community College en 1963 e o título superior (Bachelor of Arts ) en Locución na Universidade do Norte de Míchigan, en 1965. En 1970 obtivo o seu mestrado en Artes da Radio e da Televisión, na Universidade Estatal de Míchigan."Johnson, Jay W. 1943 ". Wisconsin Historical Society.
Carreira profesional
Comunicación Johnson era veterano da Guerra de Vietnam e entre 1966 e 1968 exerceu como especialista en información do Exército dos Estados Unidos.
Nesa época tamén colaborou e foi membro do consello directivo de diversas organizacións sen ánimo de lucro, como Easter Seals of WI, Libertas, United Way of America, e asociacións de axuda a afectados pola violencia familiar ou por doenzas como a distrofia muscular.
No ámbito do xornalismo civil, Jay W. Johnson traballou desde 1964 como locutor e xornalista en Míchigan, Indiana e Florida, antes de se establecer en Green Bay, Wisconsin, onde traballou durante 16 anos nas cadeas de televisión WFRV-TV (1980-1986) e WLUK-TV (1987-1996).
Política En 1996, Johnson foi elixido representante do oitavo distrito de Wisconsin, polo Partido Demócrata, no Congreso dos Estados Unidos, e logo dun mandato foi derrotado polo membro da Asemblea Estatal de Wisconsin Mark Green, en 1998, polo que só permaneceu no Congreso ata o 3 de xaneiro de 1999.
En agosto de 1999, Johnson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Bill Clinton, en substitución de Philip N. Diehl, e foi confirmado polo Senado en maio de 2000. Ocupou o seu cargo durante pouco máis dun ano, xa que en agosto de 2001 o novo presidente nomeou a republicana Henrietta H. Fore como directora da ceca pública.
Comercio numismático Logo do seu cesamento na US Mint, Johnson traballou por conta propia no sector do comercio por xunto de moedas de colección e converteuse no numismático principal da ceca privada The Franklin Mint."Jay W. Johnson, Chief Numismatist". The Frankling Mint. O 29 de xuño de 2009, a corporación Goldline International, Inc., dedicada ao comercio numismático e de metais preciosos, anunciou que Johnson exercería a partir de entón como voceiro da compañía."Former U.S. Mint Director Jay Johnson Becomes Spokesperson for Gold and Precious Metals Company Goldline International, Inc". En Business Wire. 29 de xuño de 2009.
Recoñecementos
(1988): Premio ao servizo dos Antigos Alumnos, Universidade do Norte de Míchigan."Alumni Service Award Recipients". Nothern Michigan University. (1988): Premio ao Cidadán Sobresaliente, da loxa masónica Washington 21.
Vida Familiar Jay W. Johnson estaba casado con JoLee JohnsonRyman, R. (2009). "Jay Johnson dies at 66; was congressman, Green Bay TV anchor". En The Post Crescent. 18 de outubro. e tiña dous fillastros.
O 17 de outubro de 2009, Johnson morreu na súa residencia familiar de Bristow, en Virxinia, aparentemente por un ataque ao corazón."Former TV anchor, congressman Johnson dies". En Milwaukee Journal Sentinel. 18 de outubro de 2009.Ryman, R. (2009). "Former congressman, Green Bay TV news anchor dies". En Green Bay Press-Gazette. 19 de outubro. Páxina A-3. O seu corpo foi sepultado no cemiterio Stonewall Memory Gardens, no condado Prince William, de Virxinia."Jay Withington Johnson". FindaGrave.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
Comparecencias de Jay Johnson (vídeos)
Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Míchigan Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Michigan Categoría:Alumnos da Universidade do Norte de Michigan Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América