Robert Brent "Bob" Thirsk, nado en Nova Westminster, Columbia Británica (Canadá) o 17 de agosto de 1953, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-78 e Soiuz TM-15, sendo membro das expedicións 20 e 21 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Thirsk graduouse e é máster en enxeñaría mecánica pola Universidade de Calgary en 1976 e polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978 respectivamente. Ten tamén un doutoramento en medicina pola Universidade McGill en 1982. Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense en decembro de 1983, participando nas misións STS-78 e Soiuz TM-15 e sendo membro das expedicións 20 e 21 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 204,77 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-78 Soiuz TM-15 Expedición 20 Expedición 21 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas do Canadá Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na Columbia Británica