Non confundir con Levante peninsular
miniatura|300px|Países do Levante mediterráneo.En verde escuro: países constituíntes (Chipre, provincia de Hatay, Israel, o Líbano, Siria e Xordania)En verde medio: países dos que algunhas das súas rexións están incluídas na rexión do Levante (Iraq e Sinaí)En verde claro: países incluídos ás veces na rexión do Levante (Exipto, Grecia e Turquía)
O termo Levante ou, máis especificamente, Levante mediterráneo, alude historicamente a unha gran zona de Oriente Próximo situada ao sur dos montes Tauros, limitada polo mar Mediterráneo ao oeste, o deserto árabe ao sur e Mesopotamia ao leste.
Non inclúe as montañas do Cáucaso nin ningunha parte da península árabe ou Anatolia, aínda que ocasionalmente inclúese Cilicia.
A península do Sinaí tamén se inclúe, pero como área marxinal, como ponte entre o Levante e o norte de Exipto.
Ocasionalmente, os pobos levantinos dominaron a rexión situada entre o Sinaí e o río Nilo, pero esta rexión exclúese do Levante xeográfico.
Esta rexión ten sido unha zona comercial por excelencia, con distintas rutas comerciais que unían a costa e Exipto cos países do Oriente Medio, o que tamén provocou que fose durante séculos o escenario de distintos conflitos bélicos entre os pobos que intentaban manter o control do lucrativo comercio que discorría pola zona.
O Levante é tamén o nome da conca oriental do mar Mediterráneo (mar Levantino). As súas fosas descenden até cerca de 3 300 m (cerca da illa de Creta).
Tamén foi un paso comercial importante, posto que está no cruzamento de varias vías de comunicación míticas: as antigas dos fenicios, ruta da seda, ruta marítima ao Extremo Oriente polo canal de Suez etc.
Está limitada por Turquía, Chipre, Israel, o Líbano, Siria e Exipto.
Xeografía Abarca principalmente os países de Israel, Xordania, o Líbano, Siria e os Territorios Palestinos. Na zona converxen tres placas tectónicas importantes: a africana, a eurasiática, mar Vermello e Irán. Os límites entre as placas tectónicas seguen a liña Azores, Xibraltar, África do Norte, mar Vermello e Irán.Beaumont, Peter; Blake, Gerald H. & Wagstaff, J. Malcolm (1988): The Middle East: A Geographical Study. David Fulton, Ed. ISBN 1-8534-6093-1, páx. 22. A placa árabe estase movendo cara ao norte contra a placa de Anatolia (Turquía) na falla do leste de Anatolia, e o límite entre a placa Exea e a Anatolia do leste é activo sismicamente.
Clima Os países do Levante son sobre todo áridos ou semiáridos, sometidos a frecuentes secas; porén, existen extensións de bosques e vales fértiles. A rexión abunda en prados, devesas, zonas desérticas e montañas. A escaseza de auga é un problema en moitas partes, cunha demanda de auga potábel en aumento debido a que as poboacións están en continuo crecemento, mentres que a salinización e a contaminación ameazan os ríos. A maior fonte de auga é o mar de Galilea, desde o que se leva auga para regar amplas zonas, como o deserto do Néguev. En Libia realizouse unha grande obra de enxeñaría, o Gran Río Artificial, que leva auga por medio de acuedutos até as cidades, desde acuíferos orixinados na última glaciación, aínda que non renovábeis. A rega por inundación de sucos ou por aspersión utilízase extensivamente, cubriedo case o total das terras destinadas á agricultura.
As temperaturas oscilan entre os -10 °C e os 25 °C en xaneiro, e entre os 20 °C e máis de 35 °C en xullo. As temperaturas anuais na maior parte da rexión non sufriron case ningún cambio durante o período 1901-96, pero se prevé un aumento de 1 ou 2 °C cara ao ano 2030.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Crecente fértil
Ligazóns externas
Francia y el Levante , 1920
Categoría:Rexións de Europa Categoría:Historia de Europa Categoría:Oriente Medio Categoría:Xeografía de Asia Categoría:Historia de Asia