Amandino Neira Fernández, coñecido como Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) cara a 1912 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Músico, traballou de ferreiro en Cuíña, pertenceu á UGT e foi vocal da Agrupación Socialista de Ortigueira.El Obrero, 9-5-1936, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O 1 de xuño de 1939 a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova de Montemeao onde estaba acubillado co seu irmán José e Modesto Villar Ínsua; Amandino e Modesto morreron polos disparos,La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3. e José, ferido nunha man, conseguiu saír do cerco grazas a colaboración dun grupo de soldados sitiadores. O 18 de xullo de 1939 os seus pais, dúas irmás (Florinda e Amadora), a súa cuñada e varios veciños foron deportados a Herrera del Pisuerga acusados de colaborar cos fuxidos; Gloria Giz Castro, a súa moza, foi encarcerada na prisión de Ferrol.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos