A Caridá é unha parroquia do concello asturiano de El Franco. Nos seus 4,94 km² habitaban en 2021 un total de 1830 persoas distribuídas entre a vila da Caridá, capital do concello, e os lugares de Arboces, Llóngara e El Porto .

En 1852 a capitalidade do concello de El Franco pasou da parroquia de Valdepares á vila da Caridá, entón coñecida como San Miguel de Mohíces, e entre os monumentos desta salienta a antiga casa do concello, con escudo no que figura unha lenda en lembranza da independencia de Castropol no século XVI. A igrexa parroquial data do século XVIII. miniatura|El Porto O lugar de El Porto contou cunha importante carpintería de ribeira que dende finais do século XIX e ata as primeiras décadas do XX, so a propiedade da familia Ron, exportou veleiros por boa parte da costa cantábrica. Hoxe o seu porto acolle unha pequena frota de baixura que sobre todo se dedica á captura de polbo.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Biblioteca As Quintas

Caridá