Adikos kosmos (en ) é un filme grego de 2011 dirixido por Filippos Tsitos. Tsitos gañou o premio ao mellor director e Antonis Kafetzopoulos gañou o premio ao mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme tamén gañou o premio á mellor longametraxe na 3ª edición dos Premios da Academia de Cinema Helénico.

Personaxes Antonis Kafetzopoulos como Sotiris Christos Stergioglou como Minas Theodora Tzimou como Dora Minas Hatzisavvas Efthymis Papadimitriou como Dimitriou (acreditado como Makis Papadimitriou) Yorgos Souxes como inspector Laya Yourgou como muller de 40 anos Myrna Tsapa como Georgia Sofia Seirli como Lena

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia