El páramo é un filme español de 2021 dirixido por David Casademunt a partir dun guión de Casademunt, Fran Menchón e Martí Lucas. Está protagonizado por Inma Cuesta, Asier Flores e Roberto Álamo. Estreouse no Festival de Cinema de Sitges en outubro de 2021, antes da súa emisión en Netflix o 6 de xaneiro de 2022.
Sinopse Lucía (Inma Cuesta), o seu marido (Roberto Álamo) e o seu fillo viven arredados da sociedade nun terro ermo e raso no que case non hai vida. Dende a partida do pai, a pequena unidade familiar que forman nai e fillo viven en completa soidade e a súa meta é desenvolver unha existencia tranquila. Nun principio conségueno, mais a aparición dunha misteriosa e violenta criatura que comeza a acosar a súa pequena casa porá a proba a relación que os une.
Personaxes Inma Cuesta como Lucía Asier Flores como Diego Roberto Álamo como Salvador Marià Llop como a besta Alejandra Howard como Juana
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes sobre familias